Lope de Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lope de Vega
LopedeVega.jpg
Lope Félix de Vega Carpio. Obra atribuída a Eugenio Cajés. C. 1627. (Museo Lázaro Galdiano, Madrid). A cruz de San Xoán que ostenta nas súas roupaxes granxeoulle o tratamento de "frei" Lope Félix de Vega Carpio.
Nome completo Félix Lope de Vega Carpio
Nacemento 25 de novembro de 1562 [1]
Lugar Madrid, España
Falecemento 27 de agosto de 1635 [1] (72 anos)
Lugar Madrid
Nacionalidade Españaespañola
Alma máter Complutense University
Ocupación Sacerdote e escritor
Cónxuxe Juana de Guardo e Isabel de Alderete y Urbina
Lingua (en castelán)
Período Século de Ouro
Xéneros Teatro, poesía e novela
Coñecido/a por Fuenteovejuna
Lope de Vega firma.png
editar datos en Wikidata ]

Félix Lope de Vega Carpio, nado en Madrid o 25 de novembro de 1562 e finado o 27 de agosto de 1635,[1] foi un escritor español, considerado un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Século de Ouro. Pola extensión da súa obra pódeselle considerar coma un dos autores máis prolíficos da literatura universal.

O chamado Fénix dos enxeños, Poeta do ceo e da terra[2] e Monstro da Natureza (por Miguel de Cervantes) renovou as fórmulas do teatro español nun momento no que o teatro comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Máximo expoñente, xunto a Tirso de Molina e Calderón da Barca, do teatro barroco español, as súas obras seguen representándose na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e as artes españolas. Foi tamén un dos grandes líricos da lingua castelá e autor de varias novelas e obras narrativas longas en prosa e en verso.

Atribúenselle uns 3000 sonetos, tres novelas, catro novelas curtas, nove epopeas, tres poemas didácticos, e varios centenares de comedias (1800 segundo Juan Pérez de Montalbán). Amigo de Francisco de Quevedo e de Juan Ruiz de Alarcón, posto a mal con Luis de Góngora e en longa rivalidade con Cervantes, a súa vida foi tan extrema como a súa obra. Foi pai da tamén dramaturga sor Marcela de San Félix.

Desgrazadamente, tampouco Lope foi refractario aos versos insultantes para con Galiza e os galegos tan comúns entre os escritores españois do momento, coma o propio Quevedo ou Luis de Góngora. Sirvan como exemplo estas aldraxes que lle dedica á muller galega[3]:

Ay, gallega, rolliza como un nabo,/ Entre puerca y mujer, que baja al río

Biografía[editar | editar a fonte]

Mocidade[editar | editar a fonte]

Lope de Vega por Francisco Pacheco. Libro de descripción de verdaderos retratos de ilustres y memorables varones, Madrid, Biblioteca da Fundación Lázaro Galdiano.

Lope de Vega Carpio, procedente dunha familia humilde natural do Val de Carriedo, comarca do Pas-Miera, en Cantabria, foi fillo de Félix de Vega, bordador de profesión, e de Francisca Fernández Flórez. Non hai datos precisos sobre a súa nai. Sábese, en cambio, que tras unha breve estancia en Valladolid, o seu pai mudouse a Madrid en 1561, atraído quizais polas posibilidades da recentemente estreada capitalidade da Vila e Corte. Con todo, Lope de Vega afirmaría máis tarde que o seu pai chegou a Madrid por unha aventura amorosa da que lle rescataría a súa futura nai. Así, o escritor sería froito da reconciliación, e debería a súa existencia aos mesmos celos que tanto analizaría na súa obra dramática.

Neno moi precoz, lía latín e castelán xa aos cinco anos. Á mesma idade compón versos. Sempre de acordo co seu testemuño, aos doce escribe comedias (Yo las componía de once y doce años / de a cuatro actos y de a cuatro pliegos / porque cada acto un pliego contenía). É posible que a súa primeira comedia fose, como o mesmo Lope afirmaría na dedicatoria da obra ao seu fillo Lope, El verdadero amante, aínda que probablemente o texto que hoxe coñecemos desta comedia sufriu modificacións posteriores á data da primeira redacción. O seu gran talento levao á escola do poeta e músico Vicente Espinel, en Madrid, a quen sempre citou con veneración (dedicoulle a súa comedia El caballero de Illescas, c. 1602). Así o soneto: Aquesta pluma, célebre maestro / que me pusisteis en las manos, cuando / los primeros caracteres firmando / estaba, temeroso y poco diestro... Continúa a súa formación no estudo da Compañía de Xesús, que máis tarde se converte no Colegio Imperial de Madrid (1574):

Los cartapacios de las liciones me servían de borradores para mis pensamientos, y muchas veces las escribía en versos latinos o castellanos. Comencé a juntar libros de todas letras y lenguas, que después de los principios de la griega y ejercicio grande de la latina, supe bien la toscana, y de la francesa tuve noticia... (La Dorotea, IV).

Cursa despois catro anos (1577-1581) no Colexio dos Manriques da Universidade de Alcalá, pero non logra ningún título. Quizais a súa conduta desordenada e mullereira o fai pouco apto para o sacerdocio. Os seus altos protectores deixan de custearlle os estudos. Así, Lope non consegue o grao de bacharel e para gañarse a vida ten que traballar como secretario de aristócratas e homes de prol, ou escribindo comedias e pezas de circunstancias. En 1583 alístase na mariña e pelexa na batalla da Illa Terceira ás ordes do seu futuro amigo don Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz. Tempo despois dedicaría unha comedia ao fillo do marqués.

Lista de obras[4][editar | editar a fonte]

  • Las ferias de Madrid (comedia, 1587)
  • El remedio en la desdicha (comedia, 1596)
  • La Dragontea (epopea, 1598)
  • La Arcadia (novela, 1598)
  • La quinta de Florencia (comedia, 1598-1603)
  • El Isidro (epopea, 1599)
  • Fiestas de Denia (epopea, 1599)
  • El vaquero de Moraña (comedia, 1599/1603)
  • Romancero general (poesía, 1600)
  • La hermosura de Angélica, con otras diversas rimas (poesía, 1602)
  • La prueba de los amigos (comedia, 1604)
  • La discreta enamorada (comedia, 1604-08)
  • Rimas (poesías, 1604)
  • El peregrino en su patria (novela, 1604/18)
  • Los melindres de Belisa (comedia, 1606/08)
  • La niña de plata (comedia, 1607/12)
  • Lo fingido verdadero (comedia, h. 1608)
  • Rimas (poesías, 1609)
  • Arte nuevo de hacer comedias en este tiempo (1609)
  • La Jerusalén conquistada (epopea, 1609)
  • Peribañez y el comendador de Ocaña (comedia,1609-12)
  • Los ponces de Barcelona (comedia, 1610/15)
  • El villano en su rincón (com. 1611)
  • La discordia en los casados (comedia, 1611)
  • Los pastores de Belén (novela, 1612)
  • Cuatro soliloquios (poesías, 1612)
  • Fuente Ovejuna (comedia, 1611-18)
  • La dama boba (comedia, 1613)
  • El perro de hortelano (comedia, 1613-15)
  • El valor de las mujeres (comedias, 1613/18)
  • Rimas sacras (poesías, 1614)
  • La discreta venganza (comedia, 1615/21)
  • El caballero de Olmedo (comedia, 1615-26)
  • Romancero espiritual (poemas, 1619)
  • Justa poética en honor de san Isidro (prosas e versos, 1620)
  • Los Tellos de Meneses (com. 1620-28)
  • La Filomena, prosas e versos (1621)
  • Amor, pleito y desafío (comedia, 1621)
  • Fiestas en la canonización de san Isidro (prosas e versos, 1622)
  • La Circe con otras rimas y prosas (1624)
  • Triunfos divinos, con otras rimas (poesías, 1625)
  • ¡Ay, verdades que en amor! (comedia, 1625)
  • Corona trágica (poesía, 1627)
  • La moza de cántaro (comedia, h. 1627)
  • Del monte sale quien el monte quema (comedia, 1627; Edición crítica recente no IX Premio Dámaso Alonso de Investigación Filoolóxica, patrocinado polo Concello de Ribadeo)
  • Soliloquios amorosos (prosas e versos, 1629)
  • Laurel de Apolo (poesías, 1630)
  • El castigo sin venganza (comedia, 1631)
  • La noche de San Juan (comedia, 1631)
  • La Dorotea (acción en prosa, 1632)
  • Amarilis (égloga, 1633)
  • Rimas humanas y divinas del licenciado Tomé de Burguillos (poesía, 1634)
  • Filis (égloga, 1635)
  • La gatomaquia (epopea burlesca, 1634)
  • Las bizarrías de Belisa (comedia, 1634)
  • La Vega del Parnaso (obras póstumas 1637)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Taller Digital (1988). "Biblioteca de autor - Lope de Vega - Cronología". bib.cervantesvirtual.com (en español). Consultado o 25 de xuño do 2017. 
  2. Chegouse a crear na súa época un credo paródico blasfemo que empezaba: «Creo en Lope de Vega todopoderoso, poeta do ceo e da terra...», ata que foi prohibido pola inquisición toledana en 1647.
  3. Freixeiro Mato (2009) en García Negro, Sobre o racismo lingüístico, Eds. Laiovento
  4. Trátase dunha listaxe incompleta