Osetia do Sur
Республикæ Хуссар Ирыстон (Respublikæ Xussar Iryston) (oseto) სამხრეთ ოსეთი (Samkhret Oseti) (xeorxiano) Республика Южная Осетия (Respublika Yuzhnaya Osetiya) (ruso) República de Osetia do Sur | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Himno de Osetia do Sur | |||
Capital • Poboación | Tskhinvali 32.180 (1 de xaneiro de 2019) | ||
Cidade máis poboada | Tskhinvali | ||
Lingua oficial | Oseto, xeorxiano e ruso | ||
Forma de goberno | República | ||
Alan Gagloyev Gennadi Bekoiev | |||
Independencia | |||
• Declarada • Recoñecida 1 | de Xeorxia 28 de novembro de 1991 26 de agosto de 2008 | ||
• Total | 3.900 km² | ||
• % auga | desprezable | ||
Costas | 0 km | ||
• Total | 56.520 (2022 est.) hab. | ||
• Densidade | 14´50 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | Rublo ruso (RUB ) | ||
IDH | n/d | ||
Fuso horario | (UTC+3) | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Prefixo telefónico | n/d | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
Membro de: Comunidade para a Democracia e os Dereitos das Nacións | |||
Osetia do Sur,[1] ás veces tamén escrita como Ossetia do Sur,[2] (oseto: Республикæ Хуссар Ирыстон, Respublikae Xussar Iryston; ruso: Республика Южная Осетия, Respublika Yuzhnaya Osetiya; xeorxiano: სამხრეთი ოსეთი, Samkhreti Oseti o máis xusto ცხინვალის მხარე tskhinvalis mkhare) é unha república independente de facto dentro de Xeorxia. Malia que declarou a súa independencia tras un referendo o 12 de decembro de 2006 (co 99% de votos a prol da independencia), a súa separación de Xeorxia non foi recoñecida polo outro país. Xeorxia négase a recoñecer a Osetia do sur como unha entidade distinta; o goberno chámaa polo antigo nome de Samachlabo ou, máis recentemente, a rexión de Tskhinvali (pola capital da república). Osetia do Sur foi parte da rexión xeorxiá de Shida Kartli.
Historia[editar | editar a fonte]
Conflito de 2008[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Conflito de Osetia do Sur de 2008.
Tras meses de tensións[3], o goberno de Xeorxia, desexoso de rematar co separatismo nas repúblicas independentes de facto de Osetia do Sur e Abkhazia para facilitar a súa entrada na OTAN, ordenou na noite do 7 de agosto ó 18 unha ofensiva en territorio oseto.
Xeorxia atacou Tskhinvali e varias localidades circundantes con sistemas múltiples de lanzamento de foguetes BM-21 "Grad", tanques e avións de combate. Osetia do Sur denunciou unha limpeza étnica mentres que os xeorxianos non deixaron actuar as ambulancias. Un convoi con axuda humanitaria foi bombardeado[4]. Xeorxia mobilizou ós seus reservistas[5]. Pola súa banda, o líder abkhazio Sergei Bagapsh dixo que voluntarios procedentes de Abkhazia ían de camiño para axudar ós osetos do sur, mentres que algunhas unidades da armada avanzaron cara a zona limítrofe con Xeorxia[6]. Na ofensiva calcúlanse os mortos por miles: fontes osetas cifran en 1.600 os civís asasinados (Xeorxia baixa o número a 100)[7], mentres que 15 membros das forzas de paz rusas foron asasinados e 70 foron feridos[8].
O 8 de agosto Rusia enviou tropas a Osetia do Sur. Xeorxia afirma que as súas bases militares foron atacadas por avións militares rusos, mentres que o presidente Mikhail Saakashvili dicía que as súas tropas mantiñan o control da capital, Tskhinvali. Pola súa banda os osetos afirmaban ter o control da cidade[9].
O 9 de agosto prodúcese unha escalada nos combates, e o Parlamento xeorxiano declara o estado de guerra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1529. ISBN 9788482893600.
- ↑ "Entrada ossetio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017.
- ↑ Nuevas campanadas de alerta en el Cáucaso (en castelán).
- ↑ N. Ossetia president: Georgian planes bomb out humanitarian aid convoy for S. Ossetia Arquivado 16 de xuño de 2009 en Wayback Machine., (en inglés).
- ↑ Georgia begins war to retake South Ossetia Arquivado 09 de agosto de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Abkhazian army units advance to arms limitation zone with Georgia, (en inglés).
- ↑ CNN news.
- ↑ Fifteen Russian peacekeepers killed, 70 wounded, (en inglés).
- ↑ crise en Osetia do Sur, día a día.[Ligazón morta] BBC News, (en inglés).