Moto2
Moto2 | |
---|---|
Fundación | 2010 |
Rexión | Internacional |
Actual campión | ![]() Modelo:GERb Kalex (construtores) |
Sitio web | www.motogp.com |

Moto2 é a categoría intermedia do Campionato do Mundo de Motociclismo de velocidade, regulado pola FIM. Destinada a motocicletas equipadas con motores de 600cc e catro tempos, esta categoría substituíu a partir de 2010 á antiga de 250cc (con motor de dous tempos). Os motores son producidos por Honda, os pneumáticos por Dunlop e a electrónica fornécena só produtores autorizados pola FIM, cun custo máximo de 650 euros por equipamento.
O primeiro piloto en gañar este campionato foi o español Toni Elías, quen gañou matematicamente en título o 10 de outubro de 2010 ao quedar cuarto no GP de Malaisia a falta de tres carreiras para terminar o campionato.
Características[editar | editar a fonte]
A categoría Moto2 conta cunha normativa específica, diferente de MotoGP e Superbikes. O motor será o mesmo que monta a Fonda CBR600RR[1], un modelo de rúa pero con preparación específica para competición; no entanto, a parte ciclo deberá ser prototipo, así que os equipos deberán deseñar un chasis desde cero, do mesmo xeito que o depósito, carenado e demais compoñentes, que non poderán ser derivados de ningún xeito dun modelo de rúa.
Ficha técnica[editar | editar a fonte]
- Motor: Catro cilindros en liña, 4 tempos, 16 válvulas DOHC, refrixeración líquida.[2]
- Orixe: Honda.
- Cilindrada: 599cc.
- Diámetro por carreira: 67 x 42,5 mm.
- Potencia máxima: 140 CV.
- Carburación: inxección electrónica PGM-FI.
- Diámetro da bolboreta: 40 mm.
- Depósito de combustible: 22 litros.
- Embrague: multidisco, autodeslizante húmido, con accionamento mecánico por cable.
- Bastidor: dobre viga en aluminio.
- Dimensións: 1.990 x 500 x 1.000 mm.
- Ángulo de lanzamento: 22º55’ (variable).
- Avance: 95 mm (variable).
- Altura do asento: 700 mm.
- Suspensión traseira: Amortecedor Showa de 55 mm de percorrido.
- Lamias: de magnesio forxado.
- Dianteira: 17 x 3,75.
- Traseira: 17 x 6.
- Pneumático dianteiro: Dunlop 125/80-17.
- Pneumático traseiro: Dunlop 190/55-17.
- Freo dianteiro: Disco de 300 mm., pinzas de catro pistóns e ancoraxe radial Galfer.
- Freo traseiro: Disco de 220 mm., pinza de dúas pistóns Galfer.
- Peso en orde de marcha: 137 quilos
A maioría dos elementos da parte ciclo da moto están personalizados para cada equipo. O único elemento común é o motor de orixe Honda.
Campións[editar | editar a fonte]
Edición | Primeiro | Puntos | Segundo | Puntos | Terceiro | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
2010 | ![]() |
271 | ![]() |
201 | ![]() |
199 |
2011 | ![]() |
274 | ![]() |
251 | ![]() |
177 |
2012 | ![]() |
324 | ![]() |
268 | ![]() |
193 |
2013 | ![]() |
265 | ![]() |
225 | ![]() |
215 |
2014 | ![]() |
346 | ![]() |
289 | ![]() |
274 |
2015 | ![]() |
352 | ![]() |
234 | ![]() |
231 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Moto2 usará motores Honda". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 08 de xuño de 2011.
- ↑ Datos técnicos[Ligazón morta]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moto2 |