Idade dos Metais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Idade dos Metais é unha das dúas grandes etapas tecnolóxicas nas que tradicionalmente subdividiuse a Prehistoria euroasiática. Por definición, é o período que seguiu á Idade de Pedra e durante o cal o home comezou a fabricar obxectos de metal[1] fundido. A existencia de procesos metalúrxicos é indispensable para establecer a adscrición dunha cultura arqueolóxica a esta etapa, xa que os metais nativos eran traballados por marteleado dende as fases iniciais do Neolítico.[2] Seguindo este criterio, a Idade dos Metais comezaría coas primeiras evidencias de fundición do cobre, que son do VI milenio a. C. (na Anatolia e os montes Zagros) e acabaría coa progresiva entrada na Historia de cada rexión (en Europa isto produciuse durante o I milenio a. C.). En Mesopotamia e Exipto coincide xa co desenvolvemento da escritura e polo tanto a metalurxia alí é plenamente histórica.[3][4]

Sepultura 43 da Necrópole de Varna, o primeiro ouro traballado do mundo.[5]

Os primeiros indicios de metalurxia en Europa proceden da área dos Balcáns, a mediados do V milenio a.C. e son de orixe autóctona. Para o resto do continente as evidencias aparecen durante a segunda metade do IV milenio a.C., aínda que a súa xeralización e o consecuente abandono da pedra como elemento básico para a fabricación de artefactos só se produciu coa chegada do ferro. Aínda que no Exipto faraónico, pola escaseza de materia prima, esta substitución nunca se produciu.[2]

Dado que non existen rupturas no desenvolvemento das tecnoloxías metalúrxicas entre a Prehistoria, a Protohistoria e a Historia, neste artigo inclúense procesos que se deron en períodos claramente históricos.


Liña do tempo da Idade dos Metais no Vello Mundo
Idade do Ferro Idade do Bronce Idade do Ferro Idade do Bronce Calcolítico Idade do Ferro Idade do Bronce Calcolítico Idade do Ferro Idade do Bronce Calcolítico Idade do Ferro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Academia Española (ed.). "Idade". 
  2. 2,0 2,1 Fullola, Josep Mª; Nadal, Jordi (2005). Introdución a la prehistoria. La evolución de la cultura humana (primeira ed.). Barcelona: Ed. UOC. p. 172. ISBN 84-9788-153-2. 
  3. Heliodoro Núñez e Antonio Paniagua (2001). "La edad de los metales: cronología y períodos". Instituto de Tecnologías Educativas. Consultado o 17 de setembro de 2012. 
  4. Fullola, Josep Mª; Nadal, Jordi (2005). Introdución a la prehistoria. La evolución de la cultura humana. pp. 184–185. 
  5. "A Caixa saca dun longo esquecemento ao enigmático pobo tracio" (en español). Terra. Arquivado dende o orixinal o 2012-06-28. Consultado o 17 de setembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]