A Real Academia das Boas Letras de Barcelona (en catalán: Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona) é unha institución académica fundada en Barcelona en 1729 co nome de Academia, herdeira da Academia dos Desconfiados, obtendo o título de Real en 1752, quedando baixo o padroado da Coroa de España que lle encarga, entre outras tarefas, a elaboración do dicionario decatalán.
A Academia practicou o bilingüismo durante todo o século XIX, cun claro predominio do castelán. Porén, convocou en 1841 e 1857dous concursos poéticos que serviron para a reinstauración dos Xogos Florais. En 1884, coa publicación da Ortografía da lingua catalá de Balari i Jovany, A. Blanch e Antoni Aulestia Pijoan, a Academia adoptouna como norma lingüística para o catalán, aínda que acabou sendo desprazada pola elaborada por Pompeu Fabra na década de 1910ó contar co apoio do Institut d'Estudis Catalans. Aínda así, a Academia mantivo esas normas case até a década de 1930, polo empeño de Ramon Miquel i Planas e Francesc Matheu.[1]
Dispón dun importante arquivo e dunha biblioteca con máis de 70000 exemplares; a biblioteca de literatura e filoloxía de Martí de Riquer foi doada polos seus herdeiros á Academia (en decembro de 2015) e consta de máis de 5000 volumes e milleiros de separatas.[2] Dende 1901, publica o biennal Boletín de la Real Academia de Buenas Letras. Contén unha importante colección de moedas emporitanas e catalás medievais. A Asociación de Bibliófilos de Barcelona celebra regularmente as súas sesións públicas na Academia e a coral "Schola Cantorum de Barcelona" colabora coas súas actuacións na vida académica.