Euro

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Euros»)

Euro
евро en búlgaro, ευρώ en grego, euró en húngaro,
eiro en letón, еuras en lituano,
ewro en maltés y evro en esloveno
Euro Series Banknotes (2019).jpg1 Euro Common Face (Old Design) (5132150012).jpg
Billetes de euromoeda de 1 euro
Código:EUR
Ámbito:Flag of Europe.svg Eurozona:
Alemaña Alemaña
Austria Austria
Bélxica Bélxica
Chipre Chipre
Croacia Croacia
Flag of Slovakia.svg Eslovaquia
Eslovenia Eslovenia
España España
Estonia Estonia
Finlandia Finlandia
Francia Francia
Grecia Grecia
Flag of Ireland.svg Irlanda
Italia Italia
Flag of Latvia.svg Letonia
LituaniaLituania
Flag of Malta.svg Malta
Luxemburgo Luxemburgo
Países Baixos Países Baixos
Portugal Portugal
Outros estados:
Flag of Andorra.svg Andorra
Flag of the Vatican City.svg Cidade do Vaticano
Flag of Monaco.svg Mónaco
Flag of San Marino.svg San Marino
Sen carácter oficial:
Kosovo Kosovo
Flag of Montenegro.svg Montenegro
Símbolo:
Fracción:100 céntimos[1]
Moedas:1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos, 1 e 2 euros
Billetes:5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros
Emisor:Banco Central Europeo
Taxa de troco:
1 USD = 0,73 EUR
Troco actual
Símbolo do euro.

O euro (EUR ou ) é a moeda usada polas institucións da Unión Europea (UE), así como a moeda oficial da eurozona, formada por 19 dos 27 Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Ademais, 4 microestados europeos teñen acordos coa Unión Europea para o uso do euro como moeda: Andorra, Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino. Por outra banda, o euro foi adoptado de maneira unilateral por Montenegro e Kosovo. Uns 340 millóns de cidadáns viven nos 19 países da eurozona.[2] Ademais, máis de 240 millóns de persoas ao redor do mundo usan moedas fixadas ao euro, incluíndo máis de 190 millóns de africanos.[Cómpre referencia] O euro é a segunda moeda de reserva así como a segunda moeda máis negociada no mundo, despois do dólar estadounidense.[3][4][5][6] En decembro de 2019 , con máis de 1,3 billóns de euros en circulación, o euro ten un dos valores combinados de billetes e moedas máis altos en circulación do mundo.[7][8] O euro divídese en 100 céntimos.

O nome de «euro» foi adoptado oficialmente o 16 de decembro de 1995 en Madrid.[9] O euro introduciuse nos mercados financeiros mundiais como unha moeda de conta o 1 de xaneiro de 1999, substituíndo a antiga Unidade Monetaria Europea (ECU) nunha proporción de 1:1.

As moedas e billetes entraron en circulación o 1 de xaneiro de 2002 nos 12 Estados da Unión Europea que adoptaron o euro naquel ano:[10] Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal. Ese mesmo ano tamén adoptaron o euro os estados europeos de Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino, que tiñan acordos con países da Unión Europea, e Andorra, aínda que este de maneira non oficial. Non foi ata o 2011 cando Andorra asinou un acordo monetario coa Unión Europea, o cal entrou en vigor o 1 de abril de 2012, que supuxo a adopción do euro por Andorra de maneira oficial.

O 1 de xaneiro de 2007, Eslovenia incorporouse á zona euro.[11] Malta[12] e Chipre[13] fixérono o 1 de xaneiro de 2008 e Eslovaquia o 1 de xaneiro de 2009.[14] Estonia incorporouse o 1 de xaneiro de 2011,[15] sendo o primeiro país que formara parte da URSS que se converteu en membro da eurozona. Letonia incorporouse o 1 de xaneiro de 2014,[16] Lituania, o 1 de xaneiro de 2015,[17] e Croacia 1 de xaneiro de 2023, sendo o último país en adoptar a moeda común europea.[18]

Oito países da Unión Europea non adoptaron o euro aínda: Bulgaria, Dinamarca, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Suecia. Tampouco o fixo o Reino Unido durante os seus anos de pertenza á Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da eurozona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

Características[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Billetes de euro e Moedas de euro.

O euro divídese en cen cents.[1] Aínda que «cent» —plural «cents», en ambos os casos sen punto final nin acento— é a denominación oficial da división do euro en todos os idiomas, na linguaxe habitual, con todo, tradúcese polo equivalente en cada idioma (en galego e castelán céntimo, en grego λεπτό, en italiano centésimo, en francés centime, etc.) e pluralízase segundo o uso habitual da lingua.

Os billetes de euro —de 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros— son idénticos para todos os países. As moedas de euro —de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 cents e 1 e 2 euros— teñen o mesmo anverso en todos os países, pero distinto reverso segundo o país de cuñaxe. Con todo, todas as moedas de euro de calquera país pódense utilizar en todos os países da eurozona.

O deseño da cara común das moedas é obra de Luc Luycx da Real Fábrica de Moedas de Bélxica. As moedas, sexa cal for o seu reverso nacional, son de validez en calquera país da zona euro.

A partir do ano 2004, unha directiva da Unión Europea permite acuñar todos os anos unha moeda de dous euros conmemorativa —dúas moedas ao ano desde 2013— en cada país da zona euro. Estas emisións, cuxa produción é determinada pola cuñaxe normal de moeda en cada país, conservan o anverso común da zona euro e no reverso mostran o motivo conmemorativo. Estas moedas conmemorativas conxuntas son adicionais ás que pode emitir cada estado.

Os motivos principais da primeira serie de billetes euro son: portas e xanelas, que simbolizan o espírito de apertura da Unión Europea; a eliminación de fronteiras e a integración están representadas por pontes no reverso do billete. Ademais, o tema xeral da serie é «Idades e estilos», figurando en cada billete un estilo arquitectónico determinado.

O deseño dos billetes é de Robert Kalina do Oesterreichische Nationalbank (OeNB - Banco Nacional Austríaco).

O euro é o sucesor do ECU ou Unidade Monetaria Europea (en inglés: European Currency Unit). Na reunión de Madrid do 16 de decembro de 1995, o chanceler de Alemaña Helmut Kohl sinalou que lle soaba igual a Ein Kuh, que en alemán poderíase entender como «unha vaca». Por este motivo determinouse que a moeda única comunitaria chamásese Euro, tendo unha paridade 1:1 co ECU.[19][20][21][22]

O símbolo do euro (€), desenvolto pola Comisión Europea, inspírase na letra épsilon (ε) do alfabeto grego. Escolleuse este símbolo como referencia á inicial de Europa, E. As dúas liñas paralelas fan referencia á estabilidade dentro da área euro.

Como o resto das moedas, euro é un nome común e debe escribirse con minúscula. O seu plural é euros. O código internacional para o euro é EUR e foi rexistrado na Organización Internacional de Normalización (ISO); utilízase con fins empresariais, comerciais e financeiros.

Non existe un símbolo oficial para o cent, aínda que se utiliza a miúdo a tradución e abreviaturas habituais de cada idioma. En español, úsase cént. (plural: cts.) como reminiscencia do céntimo de peseta. En Irlanda, emprégase ás veces nas tendas o símbolo ¢.

Estilo arquitectónico na primeira serie dos billetes (serie Idades e estilos)
5 euros 10 euros 20 euros 50 euros 100 euros 200 euros 500 euros
Clásico Románico Gótico Renacentista Barroco Modernista Contemporáneo
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Estilo arquitectónico na segunda serie dos billetes (serie Europa)
5 euros 10 euros 20 euros 50 euros 100 euros 200 euros
Clásico Románico Gótico Renacentista Barroco Modernista
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso
Anverso
Reverso

Historia[editar | editar a fonte]

Introdución[editar | editar a fonte]

Divisas substituídas polo euro
Moeda Código Tipo de cambio[23] Irrevogabilidade do tipo de cambio Abandono
 Austria: xilin austríaco ATS 7005137603000000000137.603 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Bélxica: franco belga BEF 7005403399000000000403.399 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Países Baixos: florín neerlandés NLG 7005220371000000000220.371 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Finlandia: marco finlandés FIM 7005594573000000000594.573 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Francia: franco francés FRF 7005655957000000000655.957 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Alemaña: marco alemán DEM 7005195583000000000195.583 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Irlanda: libra irlandesa IEP 70057875640000000000.787.564 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Italia: lira italiana ITL 7005193627000000000193.627 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Luxemburgo: franco luxemburgués LUF 7005403399000000000403.399 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Mónaco: franco monegasco MCF 7005655957000000000655.957 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Portugal: escudo portugués PTE 7005200482000000000200.482 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 San Marino: lira sanmarinesa SML 7005193627000000000193.627 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 España: peseta española ESP 7005166386000000000166.386 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
  Cidade do Vaticano: lira vaticana VAL 7005193627000000000193.627 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Andorra: franco francés ADF 7005655957000000000655.957 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Andorra: Peseta española ADP 7005166386000000000166.386 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
 Grecia: dracma grego GRD 7005340750000000000340.750[24] 02000-06-19 19 de xuño de 2000 2002
 Eslovenia: tólar esloveno SIT 7005239640000000000239.640[25] 02006-07-11 11 de xullo de 2006 2007
 Chipre: libra chipriota CYP 70055852740000000000.585.274[26] 02007-07-10 10 de xullo de 2007 2008
 Malta: lira maltesa MTL 70054293000000000000.429.300[27] 02007-07-10 10 de xullo de 2007 2008
 Eslovaquia: coroa eslovaca SKK 7005301260000000000301.260[28] 02008-07-08 8 de xullo de 2008 2009
 Estonia: coroa estoniana EEK 7005156466000000000156.466[29] 02010-07-13 13 de xullo de 2010 2011
 Letonia: lats letón LVL 70057028040000000000.702.804[30] 02013-07-09 9 de xullo de 2013 2014
 Lituania: litas lituano LTL 7005345280000000000345.280[31] 02014-07-23 23 de xullo de 2014 2015
 Croacia: kuna croata HRK 700475345000000000075.345[32] 02020-07-10 10 de xullo de 2020 2023

O euro foi establecido polas disposicións do Tratado de Maastricht de 1992 (oficialmente, Tratado da Unión Europea ou TUE). Para participar na moeda, os estados membros deben cumprir criterios estritos, como un déficit inferior ao 3% do seu PIB, unha proporción de débeda inferior o 60% do PIB (ambos os cales finalmente foron amplamente ignorados tras a súa introdución), unha inflación baixa e unhas taxas de interese próximas á media da UE.

O esperantista belga Germain Pirlot, antigo profesor de francés e historia, foi quen deu nome á nova moeda ao enviar unha carta ao entón Presidente da Comisión Europea, Jacques Santer, suxerindo o nome de "euro" o 4 de agosto de 1995.[33]

Debido ás diferenzas nas convencións nacionais sobre o arredondamento e cifras significativas, toda conversión entre as moedas nacionais tivo que realizarse mediante o proceso de triangulación a través do euro. Á dereita figuran os valores definitivos do euro en función dos tipos de cambios cos que as distintas moedas entrarón no euro.

As taxas foron determinadas polo Consello da Unión Europea,[n. 1], baseándose nunha recomendación do Comisión Europea baseada nos tipos de mercado do 31 de decembro de 1998. Establecéronse de xeito que unha Unidade Monetaria Europea (ECU) equivalera a un euro. A Unidade Monetaria Europea era unha unidade contable utilizada pola UE, baseada nas moedas dos estados membros; non era unha moeda por dereito propio. Estas non se puideron establecer antes, porque o ECU dependía do tipo de cambio de peche das moedas distintas do euro (principalmente o da libra esterlina) ese día.

O procedemento utilizado para fixar a taxa de conversión entre o dracma grego e o euro foi diferente xa que o euro xa contaba con dous anos. Aínda que as taxas de conversión das once moedas iniciais determináronse só horas antes da introdución do euro, a taxa de conversión do dracma grega fixouse varios meses antes.[n. 2]

A moeda introduciuse en forma non física (cheque de viaxes, transferencias electrónicas, banca, etc.) á medianoite do 1 de xaneiro de 1999, cando as moedas nacionais dos países participantes (a zona euro) deixaron de existir de forma independente. Os seus tipos de cambio quedarón bloqueados a tipos fixos entre si. O euro converteuse así no sucesor da Unidade Monetaria Europea (ECU). Non obstante, debido ao período de fabricación requirido para os novos billetes e moedas, as antigas moedas nacionais, a pesar de perderen a cotización oficial no mercado de divisas, continuaron usándose como moeda de curso legal ata que se introduciron novos billetes e moedas en euros o 1 de xaneiro de 2002, cando foron substituídas por billetes e moedas en euros. Tanto as moedas como os billetes tiveron un período de coexistencia coas outras moedas nacionais até que foron retiradas da circulación. Este período de coexistencia tivo diferentes calendarios nos países que adoptaron o euro.

A data oficial na que as moedas nacionais deixaron de ser de curso legal variou de estado membro a estado membro. A data máis antiga foi en Alemaña, onde o marco deixou de ser de curso legal oficialmente o 31 de decembro de 2001, aínda que o período de cambio durou dous meses máis. Mesmo despois de que as antigas moedas deixaron de ser de curso legal, continuaron sendo aceptadas polos bancos centrais nacionais durante períodos que van desde varios anos ata indefinidamente (este último para Austria, Alemaña, Irlanda, Estonia e Letonia en billetes e moedas, e para Bélxica, Luxemburgo, Eslovenia e Eslovaquia só en billetes). As primeiras moedas que se converteron en non convertibles foron os escudos portugueses, que deixaron de ter valor monetario despois do 31 de decembro de 2002, aínda que os billetes permaneceron intercambiables ata 2022.

Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001, Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007, Malta e Chipre, estes dous últimos o 1 e xaneiro de 2008. Eslovaquia incorporouse o 1 de xaneiro de 2009, Letonia en xaneiro 2014 e Lituania fíxoo no 2015 e Croacia no 2023.

Dinamarca, o Reino Unido e Suecia non adoptaron a moeda única. Dinamarca rexeitou o euro nun referendo levado a cabo o 28 de setembro de 2000, cunha participación do 86 % e onde o 53,1 % dos votantes manifestáronse contra a adopción do euro. O referendo sueco do 14 de setembro de 2003, días despois do asasinato da ministra Anna Lindh, impulsora da adopción do euro, resultou un pouco máis do 56 % do electorado votando en contra. A cuestión fica así posposta ao menos cinco anos, transcorridos os cales poderase repetir o referendo.

Signo do euro[editar | editar a fonte]

O signo do euro; logotipo e letra manuscrita

Deseñouse un signo especial para a moeda euro (€) despois de que unha enquisa pública reducise a dúas as dez propostas orixinais. A Comisión Europea elixiu entón o deseño creado polo artista belga Alain Billiet. Sobre o símbolo, a Comisión declarou:[34]

A inspiración para o propio símbolo € veu do épsilon grego (Є)[n. 3] – unha referencia ao berce da civilización europea – e a primeira letra da palabra Europa, atravesada por dúas liñas paralelas para 'certificar' a estabilidade do euro.

Eurozona[editar | editar a fonte]

A eurozona ou zona euro son os países da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda única, mais outros países de fóra da Unión Europea tamén o empregan. Os países da eurozona son:

     Países da Eurozona (19)      Países da ERM II (8)      outros membros da UE (1)      países fóra da UE que adoptaron ó Euro (2)

Unión Europea[editar | editar a fonte]

Europa (non pertencentes á Unión Europea)[editar | editar a fonte]

Mónaco, San Marino e Cidade do Vaticano teñen os seus euros propios coa súa cara nacional. Montenegro e Kosovo (da antiga Iugoslavia), empregaban como moeda o marco alemán, non subscribiron os arranxos legais coa Unión Europea.

Futuras adopcións[editar | editar a fonte]

As datas previstas son as seguintes:

Despois é a evolución económica de cada país a que vai marcando o ritmo real de adaptación.

Símbolo[editar | editar a fonte]

O símbolo do euro () inspírase na letra épsilon (ε) do alfabeto grego. Escolleuse este símbolo como referencia á inicial de Europa, E.

Billetes e moedas[editar | editar a fonte]

O euro conta con moedas e billetes.

Véxase a Galería de imaxes do euro para observar as diferenzas entre as moedas dos diferentes países

Moedas de euro[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Moedas de euro.

As moedas de euro teñen un lado común para todos os membros da eurozona e outro distinto para cada país da eurozona. O deseño da cara común das moedas é obra de Luc Luycx, da Real Casa da Moeda de Bélxica.[37] Lista das moedas de euro:

Billetes de euro[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Billetes de euro.

Os billetes de euro son idénticos para todos os países da eurozona. O deseño dos billetes da primeira serie (2002) é de Robert Kalina, do Banco Central de Austria; en 2913 produciuse un redeseño a cargo de Reinhold Gerstetter.[38][39] Lista dos billetes de euro:

Equivalencias[editar | editar a fonte]

Equivalencias euro/antigas moedas nacionais

1 euro (€) Antiga moeda
13,7603 xilins austríacos (ATS)
40,3399 francos belgas (BEF)
0,5848 libras chipriotas (CYP)
1,95583 marcos alemáns (DEM)
166,386 pesetas españolas (ESP)
5,94573 marcos fineses (FIM)
6,55957 francos franceses (FRF)
340,750 dracmas gregos (GRD)
0,787564 libras irlandesas (IEP)
1936,27 liras italianas (ITL)
40,3399 francos luxemburgueses (LUF)
0,42735 liras maltesas (MTL)
2,20371 floríns holandeses (NLG)
200,482 escudos portugueses (PTE)
239,640 tólares eslovenos (SIT)
30,1260 coroas eslovacas (SKK)
15,6466 coroas estonianas (EEK)
0,702804 lats letóns (LVL)
3,4528 Litas lituano (LTL)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. mediante o Regulamento 2866/98 (CE) do Consello, do 31 de decembro de 1998.
  2. polo Regulamento 1478/2000 (CE) do Consello da UE, do 19 de xuño de 2000
  3. Na cita, o épsilon realízase coa letra cirílica maiúscula ucraína ye (Є, U+0404) en lugar do símbolo grego épsilon técnicamente máis apropiado (ϵ, U+03F5).
Referencias
  1. 1,0 1,1 "cent". Diccionario panhispánico de dudas. RAE. 
  2. "Zona del euro". Comisión Europea. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  3. "Foreign exchange turnover in April 2013: preliminary global results" (PDF). Bank for International Settlements. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  4. "Triennial Central Bank Survey 2007" (PDF). BIS. 19 de decembro de 2007. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  5. Aristovnik, Aleksander; Čeč, Tanja (30 de marzo de 2010). "Compositional Analysis of Foreign Currency Reserves in the 1999–2007 Period. The Euro vs. The Dollar As Leading Reserve Currency" (PDF). Munich Personal RePEc Archive, Paper No. 14350. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  6. Boesler, Matthew (11 denovembro de 2013). "There Are Only Two Real Threats to the US Dollar's Status As The International Reserve Currency". Business Insider. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  7. "1.2 Euro banknotes, values". European Central Bank Statistical Data Warehouse. 14 de aneiro de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  8. "2.2 Euro coins, values". European Central Bank Statistical Data Warehouse. 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  9. "Consejo Europeo de Madrid (12/1995): Conclusiones". Parlamento europeo. 
  10. "La introducción inicial del euro (2002)". Banco Central Europeo. 
  11. "La introducción del euro en Eslovenia (2007)". Banco Central Europeo. 
  12. "La introducción del euro en Malta (2008)". Banco Central Europeo. 
  13. "La introducción del euro en Chipre (2008)". Banco Central Europeo. 
  14. "La introducción del euro en Eslovaquia (2009)". Banco Central Europeo. 
  15. "La introducción del euro en Estonia (2011)". Banco Central Europeo. 
  16. "Letonia, pese a sus reticencias, entra en 2014 con el euro como moneda". Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  17. "Lituania adopta el euro desde este 1 de enero". BBC. 1 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  18. "Croacia entra en Schengen y comienza a usar el euro". Televisión Española (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2022. 
  19. Intercultural Economic Analysis: Theory and Method; por Rongxing Guo; pág. 106; publicado por Springer Science & Business Media, 2009; ISBN 1441908498, 9781441908490
  20. Helmut Kohl: The Man Who Reunited Germany, Rebuilt Europe, and Thwarted the Soviet Empire; por Henrik Bering; pág. 239; publicado por Regnery Publishing, 1999; ISBN 0895263254, 9780895263254
  21. Unequal Partners: French-German Relations, 1989-2000; por Julius Weis Friend; pág. 65; publicado por ABC-CLIO, 2001; ISBN 0275976033, 9780275976033
  22. We can take no pleasure from the euro's fall
  23. Os tipos de cambio irrevogables entre as 11 divisas integradas inicialmente no euro foron fixados o 1 de xaneiro de 1999, en virtude do REGLAMENTO (CE) No 2866/98 DEL CONSEJO, de 31 de diciembre de 1998 (pdf)
  24. Grecia non cumpriu os criterios de adhesión inicial, polo que non se incorporou á moeda común o 1 de xaneiro de 1999. Admitiuse dous anos máis tarde, o 1 de xaneiro de 2001, cun tipo de cambio da dracma grego (GRD) de 7005340750000000000340.750.
  25. O tipo de cambio final foi acordado o 11 de xullo de 2006. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que o tólar esloveno foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2007.
  26. O tipo de cambio final acordouse o 10 de xullo de 2007. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a libra chipriota foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2008.
  27. O tipo de cambio final acordouse o 10 de xullo de 2007. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a lira maltesa foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2008.
  28. O tipo de cambio final acordouse o 8 de xullo de 2008. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a coroa eslovaca foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2009.
  29. O tipo de cambio final acordouse o 13 de xullo de 2010. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a coroa estoniana foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2011.
  30. O tipo de cambio definitivo acordouse o 9 de xullo de 2013. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que o lats letón foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2014.
  31. O tipo de cambio definitivo acordouse o 23 de xullo de 2014. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que a litas lituana foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2015.
  32. O tipo de cambio definitivo acordouse o 10 de xullo de 2020. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que o litas lituano foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2023.
  33. "Germain Pirlot 'uitvinder' van de euro" (en neerlandés). De Zeewacht. 16 defebreiro de2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 20 de decembro do 2022. 
  34. "Design". Consultado o 8 de xaneiro do 2023. 
  35. "Estonia entra en el euro, mientras otros se muestran reticentes". Público (en castelán). 
  36. "Lituania abandornará el 1 de enero la litas por el euro". Euronews. Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  37. "Euro Designer Luc Luycx". Fleur-de-coin.com.
  38. "Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En www.geldschein.at.
  39. "Reinhold Gerstetter – Designer der zweiten Euro Serie (Europa-Serie)". En www.geldschein.at.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]