Xerez da Fronteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 36°40′N 6°7′O / 36.667, -6.117

Xerez da Fronteira
Jerez de la Frontera
Flag of Jerez de la Frontera.svg
Coat of Arms of Jerez de la Frontera.svg
AlcazarJerez.JPG
Alcazar de Xerez
Localización
Posición Jerez.png
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaCádiz
Xeografía
Altitude56 msnm
Superficie1.188,14 km²
Demografía
Poboación215.180 hab.
Densidade170,59 hab/km²
Xentilicioxerezano/a
Outros datos
Código postal11.401 - 11.409
AlcaldeMaría José García-Pelayo Jurado (PP)
www.jerez.es

Xerez da Fronteira[1][2] (en castelánJerez de la Frontera) é unha cidade e concello da provincia de Cádiz en Andalucía. É o núcleo urbano máis poboado da provincia e o quinto de Andalucía (215.180 hab.). Está situada ao sur da Península Ibérica, a pouco máis de 15 km do Océano Atlántico e 100 km do estreito de Xibraltar.

A igrexa de San Miguel, centro dun dos barrios máis populosos do centro histórico da cidade.

Situada nunha posición céntrica e ben comunicada na provincia convertérona no principal nó de comunicacións e nun dos centros loxísticos e de transportes de Andalucía occidental.[3] O seu tamaño e capacidade de crecemento outorgáronlle maior dinamismo económico que o da capital provincial.[4] É internacionalmente coñecida polo viño homónimo, xa que está situada nunha zona fértil para a agricultura e a gandería.

O seu termo municipal ocupa unha extensión de 1.188,14 km² que se estenden sobre o val do Guadalquivir. Ademais, inclúe unha ampla extensión do Parque Natural de Los Alcornocales e a Serra de Gibalbín, coñecido como Montes de Propio de Xerez.

É unha das dúas cidades principais da área metropolitana da Baía de Cádiz-Xerez, terceiro conglomerado urbano de Andalucía e un dos máis activos económica e industrialmente. Ademais, é municipio membro da Mancomunidade de Municipios da Baía de Cádiz. É sede episcopal da Diocese de Asidonia-Xerez, que abarca o norte da provincia de Cádiz, tomando o río Guadalete como fronteira natural.

Gran parte do centro histórico da cidade é Ben de Interese Cultural coa denominación de Conxunto Histórico Artístico. Zona Vella de Xerez da Fronteira.

Demografía[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

Climograma de Xerez da Fronteira (observatorio do aeroporto).

Xerez está nunha zona de clima mediterráneo con influencias oceánicas, caracterizado por invernos húmidos e tépedos e veráns secos e calorosos. A temperatura media anual é de 17,7 °C.[5][6]. Os invernos son suaves, xaneiro é o mes máis frío, con 15,9 °C/5,4 °C. Os veráns son moi calorosos, agosto posúe as medias máis altas, con 33,1 °C/18,4 °C e todos os anos supéranse os 38 °C en varias ocasións.

As precipitacións teñen unha media anual de 598 mm ao ano, concentradas nos meses de outubro a abril, decembro é o mes máis chuvioso, con 109 mm. Hai 54 días de choiva ao ano, 137 días despexados, 2.966 horas de sol ao ano, moi poucos días de xeadas e ningún nevado.

Observatorio do Aeroporto de Xerez
1971-2000 xan feb mar abr mai xun xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. media (°C) 10,7 12,0 14,0 15,4 18,4 22,0 25,5 25,7 23,5 19,1 14,7 11,9 17,7
Temp. máxima (°C) 15,9 17,5 20,2 21,5 24,6 28,8 33,0 33,1 30,2 25,0 20,1 16,8 23,9
Temp. mínima (°C) 5,4 6,6 7,7 9,4 12,1 15,3 18,0 18,4 16,8 13,3 9,2 7,1 11,6
Precipitacións (mm) 89 60 42 54 37 13 2 6 22 67 86 109 598

Economía[editar | editar a fonte]

Xerez foi tradicionalmente unha cidade centrada na industria vinícola, con exportacións do Jerez-Xerez-Sherry a todo o mundo. Debido a non contar coa estrutura social de funcionariado que si gozan outras cidades, Xerez baseou a súa economía na industria. Ademais da produción e comercialización de viño, tamén se cultivan froitas, cereais e hortalizas e se cría gando vacún e equino.

Tras a crise adegueira a comezos dos 90, actualmente a cidade busca diversificar a industria. Un sector económico fomentado con éxito é o turismo, debido á forte identidade dos acenos da cidade (viño/brandy, flamenco e cabalos), o atractivo dos festexos e ao importante patrimonio histórico que posúe, ademais de eventos como o Mundial de Motociclismo, que se celebra no Circuíto de Xerez.

De forma paralela, outras accións oriéntanse á localización da cidade como centro loxístico en Andalucía occidental, con grandes superficies e naves de distribución, buscando as sinerxías entre o ferrocarril, o aeroporto e os portos próximos ou o Parque Tecnolóxico Agroindustrial de Xerez, no que se está envorcando a Universidade de Cádiz a través do Campus de Xerez. Tamén se intenta promover a cultura emprendedora.

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas populares[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerezano.
  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600. 
  3. El País (7 de xaneiro de 2006). "Todos los caminos conducen a Jerez". Consultado o 13 de xullo de 2008. 
  4. La Caixa. "Anuario Económico de La Caixa 2008. Datos estatísticos municipais." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2008. 
  5. "Instituto Nacional de Meteoroloxía". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 1997. Consultado o 02 de novembro de 2009. 
  6. Datos tomados desde 1971 ata 2000[Ligazón morta]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]