Estado social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estado Social ou, en termos máis recentes Estado Social de Dereito, é un concepto propio da ideoloxía ou bagaxe cultural político alemán (Sozialstaat). O concepto remóntase á formacion do Estado alemán e, pasando a través dunha serie de transformacións, na actualidade forma as bases político-ideolóxicas do sistema de Economía social de mercado.

O Estado Social pretende garantir os denominados dereitos sociais mediante o seu recoñecemento na lexislación (traballo e vivenda dignos, saúde, educación ou medio ambiente...) e mediante políticas activas de protección social, de protección á infancia, á vellez, fronte á enfermidade e ao desemprego, de integración das clases sociais menos favorecidas, evitando a exclusión e a marxinación, de compensación das desigualdades, de redistribución da renda a través dos impostos e o gasto público. Emprega instrumentos como os sistemas de educación e sanidade (en maior ou menor grao públicos ou controlados polo estado, obrigatorios ou universais e de balde ou subvencionados), financiados con cotizacións sociais. Téndese á intervención no mercado e a planificación da economía, todo iso en contra dos principios do liberalismo clásico.

Con todo, na práctica política, a Economía Social de Mercado é a miúdo confundida co Estado do benestar (Welfare State). Esta confusión é ás veces natural, produto da confluencia de resultados e intereses de ambos os proxectos (véxase Estado do Benestar: Orixes e Evolución) pero ás veces parece intencional, debido a consideracións ideolóxicas ou de debate. É relevante notar que en lingua alemá hai dúas palabras (Sozialstaat e Wohlfahrtsstaat) que se poden traducir ao inglés como Welfare State. Con todo hai entre elas unha distincion sutil pero importante: Sozialstaat é un principio (Sozialstaatsprinzip) mentres Wohlfahrtsstaat é unha política (In der Wirtschaftswissenschaft wird mit Wohlfahrtsstaat eine Wirtschaftsordnung bezeichnet, die zur Verfolgung sozialpolitischer Ziele umfassend).