Numancia (celtiberos)
Tipo | sitio arqueolóxico celta cidade celtibera castro | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | provincia de Soria, España, Garray, España e Tarraconense, Roma Antiga | |||
Localización | Celtiberia | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 1.074 m | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 25 de agosto de 1882 | |||
Identificador | RI-55-0000001 | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Idade de Ferro, Imperio Romano e República Romana | |||
Cronoloxía | ||||
asedio de Numancia | ||||
Numancia (en latín: Numantia), é o nome dunha desaparecida poboación celtibera, que Plinio sitúa no territorio dos pelendones mentres outros autores a citan como unha cidade dos arévacos, situada sobre o Cerro da Moa, en Garray, a sete quilómetros ao norte da actual cidade de Soria. Desde tempo inmemorial, devandito cerro era propiedade da familia Marichalar. Luis de Marichalar, vizconde de Eza doouno ao Estado en 1917.
Numancia é un importante xacemento arqueolóxico da provincia de Soria, que foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) dende o 29 de agosto de 1882. O xacemento foi escavado por un grupo de arqueólogos da Universidade Complutense de Madrid, mediante fondos da Xunta de Castela e León. Cada verán, durante os meses de xullo e agosto, realizase a campaña de escavación e os restos son analizados, posteriormente, nos laboratorios da universidade.
Dende 2.003 trabállase na escavación da denominada vila XXIII. O proxecto actual pretende aclarar dúbidas sobre outras partes do xacemento escavadas por Adolf Schulten, Melida, Taracena e outros arqueólogos de finais do século XIX e principios do XX, quen non empregaban unha metodoloxía arqueolóxica de documentación exhaustiva e de localización e documentación dos espazos.
Historia
[editar | editar a fonte]Os restos máis antigos no xacemento chegan ao Neolítico, contra o 2.000 a.C., porén, a Numancia céltica debeu ser fundada polo 500 a.C.[1] para posteriormente, trala invasión dos arévacos, a finais do século IV a.C. pasa a ser a capital destes.[2] O perímetro da cidade estendíase por unhas 150 hectáreas e acubillando a unhas 8.000 persoas.[2]
No ano 153 a.C. tivo lugar o primeiro conflito grave con Roma, ao deixar entrar na cidade uns fuxitivos da tribo dos belos, procedentes da cidade de Sexeda (actualmente os seus restos están situados entre Mara e Belmonte de Gracián en Zaragoza). Os numantinos conseguiron derrotar un exército de 30 000 homes mandados polo cónsul Quinto Fulvio Nobilior, pero o seu xefe, Caro de Sexeda, morreu na batalla.
Tras vinte anos repelendo os continuos e insistentes ataques romanos, no ano 134 a.C., o Senado romano conferiu a Publio Cornelio Escipión Emiliano O Africano Menor o labor de destruír Numancia, á que finalmente puxo sitio, levantando un cerco de nove quilómetros apoiado por torres, foxos, empalizadas etc. Tras trece meses de fame negra e enfermidades, esgotados os seus víveres, os numantinos decidiron poñer fin á súa situación no verán do ano 133 a.C. Algúns deles entregáronse en condición de escravos, mentres que a gran maioría decidiron suicidarse.
Reocupación celtibera
[editar | editar a fonte]Trala destrución da cidade por Escipión, este distribuíu o territorio entre os veciños, probablemente da tribo do Pelendones. Esta segunda cidade celtibérica foi destruída ao remate das Guerras Sertorianas. Foi reconstruída en época de Augusto.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Numancia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burillo Mozota, Francisco (2007). Los celtíberos. Etnias y Estados (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 9788484329497.
- Capalvo Liesa, Álvaro (1996). Celtiberia: un estudio de fuentes literarias antiguas (en castelán). Madrid: Institución Fernando el Católico. ISBN 84-7820-324-9.
- Chaín Galán, Antonio (coord.); de la Torre Echávarri, José Ignacio (coord.), eds. (2005). Celtíberos.Tras la estela de Numancia (en castelán). Soria: Deputación Provincial de Soria. ISBN 84-95099-86-1.
- Corral Lafuente, José Luis (2003). Numancia (en castelán). Barcelona: Edhasa. ISBN 9788435060462.
- Dobson, Mike (2008). The Army of the Roman Republic: The Second Century Bc, Polybius and the Camps at Numantia, Spain (en inglés). Oxford: Oxbow books. ISBN 978-1842172414.
- Olmeda, Mauro (1975). El desarrollo de la sociedad española. Vol. I. Los pueblos primitivos y la colonización (en castelán). Madrid: Editorial Ayuso. ISBN 84-336-0069-9.
- Schulten., Adolf (2004). Historia de Numancia (en castelán). Pamplona: Urgoiti editores. ISBN 9788493339838.