Congreso de Viena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Congreso de Viena por Jean-Baptiste Isabey, 1819.

O Congreso de Viena foi unha conferencia entre embaixadores das grandes potencias europeas que tivo lugar na capital austríaca, entre o 1 de outubro de 1814 e o 9 de xuño de 1815, cuxa intención era a de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón I a primavera anterior, e reorganizar a forma e ideoloxía políticas do Antigo Réxime.

Os acordos tiveron vixencia nos territorios de Europa Central e do Leste até o final da primeira guerra mundial. Con todo, a paz conseguiuse mediante o estabelecemento do absolutismo. Viena converteuse no eixo central de Europa Occidental durante trinta anos grazas a este congreso.

Foi convocado polo emperador de Austria Francisco I, dicindo este ao final do congreso que a nova Europa era a Europa da Restauración. A pesar das medidas que se concertaron para manter baixo control os inimigos do Antigo Réxime, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.

Do Congreso xurdiu a Santa Alianza, formada por Austria, Prusia e Rusia, que dicían procurar os bens dunha mesma relixión, malia que estes tres non compartían crenzas. Logo formaríase o que se coñecería como a cuádrupla alianza, formada por Gran Bretaña, Prusia, Rusia, e Austria.

Participantes[editar | editar a fonte]

Houbo dous protagonistas destacados. Dunha banda Klemens von Metternich, que malia presidir a conferencia e ser un mediador entre todas as nacións integradas no congreso, buscaba principalmente territorio para o seu país natal, Austria. Doutra banda Charles Maurice de Talleyrand, que actuaba en representación de Luís XVIII, e que conseguiu varios éxitos para Francia a pesar da derrota.

O tsar Alexandre I de Rusia tivo un papel clave no Congreso, acompañado polos seus conselleiros Karl Nesselrode e o conde Andrey Razumovsky, co obxectivo de unificar os Estados alemáns e implantar un réxime constitucional en Polonia.

Estiveron presentes tamén Francisco I de Habsburgo e Federico Guillerme III de Prusia (acompañado de Hardenberg e Humboldt), xunto con representantes do Reino Unido, primeiro Lord Castlereagh e despois o Duque de Wellington (quen tivo que saír ao auxilio de Europa cando Napoleón escapou da illa de Elba mentres se estaba celebrando o congreso en 1815) e antigos aliados de Napoleón, como os reis de Saxonia e de Dinamarca. Tamén houbo españois (Pedro Gómez Labrador), portugueses (Pedro de Sousa Holstein, Conde de Palmela; António Saldanha da Gama; Joaquim Lobo da Silveira), Estados xermánicos (Hannover, Baviera e Württemberg), eslavos, nórdicos (Suecia) e enviados dos Estados Pontificios. Todos coincidiron en estar unidos e permanecer vixiantes contra os liberais, os republicanos e os ateos.

No tempo que durou o congreso, os participantes estiveron por Viena en residencias palacianas, dando paseos por parques e bosques. Todo estes lugares foron escenarios de lecer, banquetes e bailes; destes feitos naceu a frase do príncipe de Ligne: Le Congrés ne marche pas, il danse, e chegábanse a xuntar até máis de 2.000 cabalos e outros tantos cans nas cazarías que celebraban. Unha destas actividades de lecer contou cun concerto dunha cantata de Beethoven titulada O momento glorioso.

Estados independentes tras o Congreso de Viena
País Capital
Imperio austríaco Imperio Austríaco Wien 3 Wappen.svg Viena
Flag of Bavaria (striped).svg Reino de Baviera DEU München COA.svg Múnic
Flag of Kingdom of Sardinia (1848).svg Reino de Sardeña Stemma di Torino (CoA of Turin).svg Turín
Flag of the Kingdom of the Two Sicilies (1816).svg Reino das Dúas Sicilias Escudo spaccanapoli.jpg Nápoles
Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Reino de España Escudo de Madrid.svg Madrid
Flag of the Papal States (pre 1808).svg Estados Pontificios Insigne Romanum coronatum.svg Roma
Pavillon royal de France.svg Reino de Francia Blason paris 75.svg París
Flag of Hanover 1837-1866.svg Reino de Hannover Coat of arms of Hannover.svg Hannover
Territorio Británico do Océano Índico Imperio Otomán Constantinopla
Prinsenvlag.svg Reino Unido dos Países Baixos Wapen Amsterdam.svg Ámsterdan
Flag of the United Kingdom of Portugal, Brazil, and the Algarves.svg Reino de Portugal Crest of Lisboa (unofficial).svg Lisboa
Flag of Prussia (1892-1918).svg Reino de Prusia Coat of arms of Berlin.svg Berlín
Flag of the United Kingdom (3-5).svg Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Coat of Arms of The City of London.svg Londres
Dinamarca Reino de Dinamarca Københavns byvåben 1894.png Copenhague
Imperio Ruso Imperio Ruso Coat of Arms of Saint Petersburg (2003).svg San Petersburgo
Flag of Sweden.svg Reino de Suecia Stockholm vapen.svg Estocolmo
Flag of the Helvetic Republic (French).svg Confederación Suíza Berne-coat of arms.svg Berna
Flag of Kraków.svg República de Cracovia POL Kraków COA.svg Cracovia

Cambios territoriais[editar | editar a fonte]

Como resultado das negociacións sostidas no Congreso tomáronse as seguintes decisións:

Principios básicos[editar | editar a fonte]

  • Restauración do absolutismo. Acordouse restabelecer o poder absoluto dos soberanos.
  • Lexitimismo monárquico. Devolveuse o trono ás monarquías tradicionais, consideradas únicas despositarias da lexitimidade política.
  • Equilibrio internacional. Para evitar que unha potencia impuxese a súa hexemonía en Europa, coma pasara coa Francia napoleónica.
  • Intervencionismo. As potencias asinantes arrogáronse o dereito de intervir militarmente naquel territorio que puxese en perigo os principios da Restauración. Para iso creáronse a Santa Alianza (Austria, Rusia e Prusia) e a Cuádrupla Alianza (á que se sumou o Reino Unido).
  • Sistema de congresos. O congreso de Viena inaugurou unha nova concepción política exterior en Europa baseada na celebración de congresos para resolver os problemas internacionais.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Bulete, Virgilio (2010). Ciencias sociais: Historia. SM Xerme. ISBN 9788498542653. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]