Batalla de Guadalete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Guadalete (en árabe clásico: معركة وادي لكة) foi un conflito bélico que tivo lugar no ano 711 preto do río Guadalete, na provincia de Cádiz. Supuxo a fin do reino visigodo e deu comezo á invasión musulmá da Península Ibérica.

A partir de crónicas árabes dos séculos X e XI,[1] afirmouse o enfrontamente entre o exército visigodo, comandado por derradeiro rei, Don Rodrigo, e un exército musulmán procedente do norte de África e que entrou na Península grazas ós partidarios de Vitiza, o anterior rei, que preferían que accedese o trono o fillo deste, Akhila, e que estivo comandado por Tariq ibn Ziyad, ás ordes co califato omeia de Damasco.

Como consecuencia da batalla, o rei Don Rodrigo foi morto, rematou o reino visigodo, e comezou a invasión musulmá da Península Ibérica. Anos despois, no 722, a Batalla de Covadonga daría comezo á Reconquista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galisteo, Roger (2012). Otra historia de Córdoba. Bubock Publishing. p. 111. ISBN 978-84-686-2707-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.