Avilés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°33′22″N 5°55′20″O / 43.55611, -5.92222

Avilés
Aviles flag.svg
Escudo de Avilés.svg
Palacio de Camposagrado.JPG
Centro cultural Óscar Niemeyer
Fonte e Capela de Rivero Palacio de Balsera
Localización
Aviles Asturies map.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaAsturias Asturias
ProvinciaAsturias Asturias
Xeografía
Altitude0–139 msnm
Superficie26,81 km²
Demografía
Poboación81.659 hab. (INE 2014)
Densidade3.045,84 hab/km²
Xentilicioavilesino/a
Outros datos
Código postal33401–33403
AlcaldePilar Varela (PSOE)
www.aviles.es

Avilés é unha cidade e concello do norte de España, situada na costa do Principado de Asturias, nas marxes da Ría de Avilés, a 25 km de Xixón e 27 km de Oviedo.

Cunha poboación de 84.242 habitantes en 2009, é a terceira cidade da comunidade en poboación e forma parte da grande área metropolitana do centro de Asturias.

Foto panorámica de Avilés dende a ermida da luz.

Historia[editar | editar a fonte]

Avilés, Concello
Avilés, Praza de abastos (Hermanos Orbón)

En 1085, Afonso VI outorgou un foro a Avilés, onde xa existía unha poboación dende tempos romanos. O foro de Avilés deulle categoría de vila de realego e ó longo da idade media apoiaría sempre a coroa. Avilés non foi nunca feudo nin tivo outro tribunal competente que os reais. Mantívose como unha cidade pequena cun forte carácter mariñeiro e campesiño ata a industrialización dos séculos XIX e XX.

A industrialización iniciouse no século XIX co asentamento, entre outras, da Real Compañía Asturiana de Minas no veciño municipio de Castrillón, cuxos produtos comercialízanse dende o porto de Avilés.

A partir de 1950 a industrialización fíxose máis forte. A construción dunha xigantesca empresa siderúrxica que crea miles de postos de traballo, trouxo consigo que viñeran miles de inmigrantes de toda España, producíndose un crecemento desmesurado da poboación. A terceira etapa comeza coa aparición da famosa reconversión industrial.

Hoxe en día a cidade, coa recuperación medioambiental da ría e do centro histórico, trata de recuperar a súa vocación mariñeira tradicional.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Avilés é un concello pequeno, supón só o 0,239% de extensión do Principado, situado no centro da costa asturiana. Linda ó norte co mar Cantábrico, ó leste con Gozón, ó sur con Corvera e ó oeste con Castrillón e Illas. As súas principais poboacións son a propia Avilés, Miranda, Heros, Caliero, Tabiella e Sablera.

O porto de Avilés é o segundo porto comercial e o primeiro pesqueiro en importancia da rexión.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de poboación de Avilés (Asturias)
Fonte: Instituto Nacional de Estadística - Elaboración gráfica por Wikipedia

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.