García I de León
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
García I de León | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 870 |
Falecemento | 19 de marzo de 914 e 914 |
Lugar de falecemento | Zamora |
Soterrado | Pantheon of Asturian Kings |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político |
Pai | Afonso III de Oviedo |
Nai | Ximena Garcés |
Cónxuxe | Nuna Muñoz |
Irmáns | Froila II e Ordoño II |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
García I de León, nado cara ao ano 871 e finado en Zamora o 19 de xaneiro de 914, foi o primeiro rei da Galicia altomedieval[1] que instalou a súa corte na cidade de León, gobernando entre os anos 910 e 914.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo primoxénito de Afonso III e de Ximena de Pamplona. Herdou o reino definitivamente á morte de seu pai, mentres seus irmáns menores Ordoño e Froila pasaban a gobernar as terras galegas e asturianas respectivamente.
Tras levar a cabo o levantamento contra o seu pai Afonso III e facerse co trono, García trasladou a capital galega até a cidade de León[2][3]. Durante o seu reinado completou a fortificación do río Douro, destacando o labor dos condes casteláns, que repoboaron a parte oriental do reino en Roa, Osma, Clunia e máis San Esteban de Gormaz.
Casou con Munia Donna (tamén citada como Mummadonna ou Mumma Donna), filla do conde de Amaya Nuno Fernández. Este matrimonio non tivo descendencia, e tras morrer sen herdeiros, o seu irmán Ordoño -que desde o ano 910 gobernaba as terras galegas en nome do seu irmán- foi proclamado rei na capital leonesa[4].
Ascendencia[editar | editar a fonte]
16. Vermudo I | ||||||||||||||||
8. Ramiro I de Galicia | ||||||||||||||||
17. Numila | ||||||||||||||||
4. Ordoño I de Galicia | ||||||||||||||||
9. Paterna | ||||||||||||||||
2. Afonso III de Galicia | ||||||||||||||||
5. Munia | ||||||||||||||||
1. García I | ||||||||||||||||
24. Íñigo Ximénez | ||||||||||||||||
12. Íñigo Arista | ||||||||||||||||
25. Oneca | ||||||||||||||||
6. García Íñiguez de Pamplona | ||||||||||||||||
26. ? | ||||||||||||||||
13. Oneca Velázquez | ||||||||||||||||
27. ? | ||||||||||||||||
3. Ximena Garcés | ||||||||||||||||
14. ? | ||||||||||||||||
7. Urraca Ximenes | ||||||||||||||||
15. ? | ||||||||||||||||
García I de León Dinastía Ramírez Nacemento: 848 Falecemento: 20 de decembro 910
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Afonso III
|
Rei de Galicia alto-medieval 910–914 |
Sucedido por Ordoño II |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228.
Garcia fillo de Afonso, rei dos galegos (citando a Ibn Haián e al-Razí)
- ↑ Risco, Manuel (1784). España Sagrada. p. 429.
in civitate quae vocatur Legio, territorio Gallecie
- ↑ Sáez, Emilio (1969). Colección documental del Archivo de la Catedral de león (775-1230):I (785-952). Centro de Estudios e Investigación "San Isidoro".
in Legione de Galletia
- ↑ Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España. p. 406.
Medina Leionis capital de Galicia