Diferenzas entre revisións de «España»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
O [[poder executivo]] (a política interior e exterior e a administración civil e militar), así como a potestade regulamentaria, son exercidos polo [[Goberno de España|Goberno]].{{harvnp|Cortes Xerais|1978|título=Constitución española, 1978|loc=art. 97}} O [[Consello de Ministros de España|Consello de Ministros]] é presidido polo [[Presidente do Goberno de España|presidente do Goberno]], que designa aos seus ministros e ten as funcións propias dun [[xefe de Goberno]] nun sistema parlamentario. É responsable ante as [[Cortes Xerais]]. Ao comezo de cada lexislatura, o rei realiza unha rolda de consultas cos líderes dos grupos políticos e propón a un candidato á Presidencia do Goberno. O [[Congreso dos Deputados]] vota a investidura do presidente do Goberno, que require de maioría absoluta en primeira votación ou de maioría simple en segunda votación. O Congreso dos Deputados pode depoñer ao presidente do Goberno mediante unha [[moción de censura]] construtiva na que se determina quen lle substitúe no seu posto.
 
O [[poder lexislativo]] é exercido polas [[Cortes Xerais]], o órgano supremo de representación do pobo español.{{harvnp|Cortes Xerais|1978|texto=Constitución española, 1978|loc=art. 66}} As Cortes Xerais son un parlamento [[Bicameralismo|bicameral]] composto polo [[Congreso dos Deputados]] ([[Cámara Baixa]]) e o [[Senado de España|Senado]] ([[Cámara Alta]]).{{harvnp|Cortes Xerais|1978|texto=Constitución española, 1978|loc=art. 66}} As [[Eleccións xerais en España|eleccións xerais]] celébranse cada catro anos por [[sufraxio universal]], no que teñen dereito ao voto os españois maiores de 18 anos. O Congreso dos Deputados está formado por 350 membros elixidos mediante escrutinio proporcional plurinominal con listas pechadas e bloqueadas. Os escanos repártense entre as candidaturas mediante o [[sistema D'Hondt]]. A circunscrición electoral é a [[Provincias de España|provincia]]. O Senado é a cámara de representación territorial e conta actualmente con 266 membros elixidos mediante un sistema mixto, 208 de elección directa e 58 designados. Os senadores de elección directa son elixidos mediante escrutinio maioritario plurinominal parcial con listas abertas. Os senadores designados son elixidos polos [[Parlamento autonómico de España|órganos lexislativos autonómicos]], en momentos distintos aos das eleccións xerais, tamén por un período de catro anos.
 
O [[poder xudicial]] está formado polo conxunto de xulgados e tribunais, integrado por xuíces e maxistrados, que teñen a potestade de administrar xustiza en nome do rei. Os xuíces son funcionarios de carreira cuxa cúspide son a [[Audiencia Nacional de España|Audiencia Nacional]] e o [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo]], o órgano xurisdicional superior en todas as ordes excepto en materia de garantías constitucionais,{{harvnp|Cortes Xerais|1978|título=Constitución española, 1978|loc=art. 123}} gobernados polo [[Consello Xeral do Poder Xudicial]], que controla os seus nomeamentos, ascensos, inspección e réxime disciplinario.{{harvnp|Cortes Xerais|1978|título=Constitución española, 1978|loc=art. 122}} Os membros desa institución, así como os do [[Tribunal Constitucional de España|Tribunal Constitucional]] (que como órgano constitucional alleo ao poder xudicial resolve os recursos de inconstitucionalidade e os conflitos de competencia entre o Estado e as comunidades autónomas do país),{{harvnp|Cortes Xerais|1978|título=Constitución española, 1978|loc=art. 161}} son elixidos por distintas instancias políticas; o que deveu nunha vinculación implícita de cada un eles ao partido político que os designa, en contradición coa súa teórica independencia, circunstancia explicitamente posta de manifesto polos medios de comunicación e o debate político e intelectual.<ref>Andrés de Blas, [http://books.google.es/books?id=NWYGHLHTa4kC&pg=PA290&dq=independencia+judicial+%22tribunal+constitucional%22+%22consejo+general+del+poder+judicial%22&hl=es&sa=X&ei=ncNrUpfGKZHWsgbBt4HQAQ&ved=0CFQQ6AEwBw#v=onepage&q=independencia%20judicial%20%22tribunal%20constitucional%22%20%22consejo%20general%20del%20poder%20judicial%22&f=false ''El gobierno del poder judicial''] en ''Teoría del Estado I. El Estado y sus instituciones'', UNED, 2013, ISBN 84-362-6648-X, pxs. 289-291.</ref>
47.568

edicións

Menú de navegación