Triacastela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTriacastela
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°45′23″N 7°14′23″O / 42.7563, -7.2397Coordenadas: 42°45′23″N 7°14′23″O / 42.7563, -7.2397
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalTriacastela Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación622 (2023) Editar o valor em Wikidata (12,15 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie51,18 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude665 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataOlga Iglesias Fontal Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Triacastela Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27062 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27062 Editar o valor em Wikidata

Sitio webconcellotriacastela.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: 100079189074679 Editar o valor em Wikidata

Triacastela (do latín tria castella, 'tres castros')[1] é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Pertence á comarca de Sarria. Segundo o INE en 2018 tiña 643 habitantes (821 no 2006, 820 no 2005, 839 no 2004, 852 no 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 643 (2018)
Menores de 15 anos 45 (7 %)
Entre 15 e 64 anos 377 (58.63 %)
Maiores de 65 anos 221 (34.37 %)
Evolución da poboación de Triacastela   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
2.584 1.085 1.975 1.129 839 781 772 756 739 721 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O concello está atravesado pola ruta francesa do camiño de Santiago.

No concello atópase a Cova de Eirós, que se vén escavando desde 1990 e na que xa se atoparon importantes restos da fauna galega de hai máis de 35.000 anos, entre eles restos de máis de 40 individuos de oso das cavernas (Ursus spelaeus), cérvidos e bóvidos; así como materiais líticos adscritos ao Paleolítico Medio e, polo tanto, a humanos neandertalenses. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o descubrimento de mostras de arte rupestre, as primeiras descubertas en Galicia polo de agora.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo non está clara aínda que no escudo municipal aparezan tres castelos dos que non hai noticia que houbese nunca polos arredores. Algúns interpretan que Triacastela pode derivar de tres castros (castellum) que forman unha especie de triángulo e que son o de Triacastela, o de Tras do Castro (ou o de San Adrián) e o de Lagares.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Albergue de Triacastela.
Albergue de Triacastela. 
Corredoira en Ramil, parroquia de Santiago de Triacastela.
Corredoira en Ramil, parroquia de Santiago de Triacastela
Casa do concello.
Casa do concello. 
Cova Eirós

Lugares de Triacastela[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Triacastela vexa: Lugares de Triacastela.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Triacastela

A Balsa (San Breixo) | Cancelo (San Cristovo) | Lamas do Biduedo (Santo Isidro) | O Monte (Santa María) | Santalla de Alfoz (Santalla) | Toldaos (San Salvador) | Triacastela (Santiago) | Vilavella (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Academia Galega (Antón Santamarina) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Triacastela (Youtube). 
  2. Galicia Encantada. "Triacastela, orixe do topónimo".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.