A Gudiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°3′39″N 7°8′17″O / 42.06083, -7.13806

A Gudiña
Escudo de A Gudiña
Concello da Gudiña.JPG
Casa do Concello
Situacion A Gudiña.PNG
Situación
Xentilicio[2]gudiñao[1]
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Viana
Poboación1.254 hab. (2019)[3][4]
Área171,4 km²[4]
Densidade7,32 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[5]
Política (2019[6])
AlcaldeJosé María Lago Cabo (PPdeG[7])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais na Gudiña
Uso do galego[8] (2011)
Galegofalantes92,18%
Na rede
agudina.com
editar datos en Wikidata ]

A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1308 (2018)
Menores de 15 anos 86 (6.57 %)
Entre 15 e 64 anos 776 (59.33 %)
Maiores de 65 anos 446 (34.1 %)
Evolución da poboación de A Gudiña   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
2697 2465 2275 2605 1625 1562 1.554 1.506 1.508 1.461 1.392 1.345 1.360 1.308 {{{15}}} {{{16}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.

Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña con Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.

Pola Gudiña pasa tamén a vía da Prata do Camiño de Santiago.

Historia[editar | editar a fonte]

No concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.

O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira.

O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.

O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei.

En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica[9] contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa,ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.

Irmandamentos[editar | editar a fonte]

O concello da Gudiña está irmandado co de Puebla de Zaragoza (México, anteriormente chamado Puebla de los Ángeles)[10], onde faleceu o misioneiro gudiñao Sebastián de Aparicio.

A Gudiña na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará [11].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Gudiña.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Gudiña

Barxa (San Xoán) | O Canizo (Santa María) | Carracedo da Serra (Santiago) | A Gudiña (San Martiño e San Pedro) | Parada da Serra (San Lucas) | Pentes (San Mamede) | San Lourenzo de Pentes (San Lourenzo) | O Tameirón (Santa María)


Lugares da Gudiña[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Gudiña vexa: Lugares da Gudiña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Véxase no Galizionario.
  3. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  4. 4,0 4,1 Instituto Galego de Estatística. (2019) "A Gudiña".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
  5. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
  6. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019. 
  7. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Gudiña". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  8. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  9. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  10. González Palau, D. (2010). Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local. IGADI. p. 118. ISBN 978-86-613-8468-6 |isbn= incorrecto: checksum (Axuda). 
  11. Lorenzo Fernández, X. (1973). Cantigueiro popular da Limia Baixa. p. 117. . Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.