Manuel Ángel Leis Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Ángel Leis Míguez
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Liñaio, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Negreira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Manuel Ángel Leis Míguez, nado en Liñaio (Negreira) en 1977, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Transportista de butano, é presidente da Asociación de Veciños da parroquia de Liñaio. É concelleiro en Negreira polo PSdeG-PSOE dende as eleccións municipais de 2007, nas cales gañaron os socialistas, e ocupouse das áreas de deportes e participación cidadá, ata a dimisión do alcalde Juan García Fuentes en setembro de 2009, e posteriormente obras xa con Jorge Tuñas Caamaño de alcalde. Volveu ser concelleiro tralas municipais de 2011 nas que volveu gaña-lo PSdeG, pero situouse na oposición debido a un pacto entre o PPdeG e o exalcalde José Blanco Pazos. Volveu ser concelleiro tralas municipais de 2015 nas que tras unha nova vitoria electoral os socialistas recuperaron o goberno, e fíxose cargo das áreas de obras, urbanismo, parques e xardíns, novamente con Jorge Tuñas Caamaño de alcalde.

En abril de 2017 Tuñas dimitiu como consecuencia dun xuízo, ante o cal asume a alcaldía ata novembro dese mesmo ano, cando Tuñas, unha vez absolto, regresa ó posto. De cara ás municipais de 2019 foi o candidato socialista á alcaldía, trala retirada definitiva de Tuñas, e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi reelixido alcalde co apoio do BNG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Jorge Tuñas Caamaño
 
Alcalde de Negreira
 
2017
Sucesor:
Jorge Tuñas Caamaño
Predecesor:
Jorge Tuñas Caamaño
 
Alcalde de Negreira
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo