Juan Manuel Saborido Rama
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Juan Manuel Saborido Rama | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1965 |
Lugar de nacemento | Lira, Carnota |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Manuel Saborido Rama, "Moma", nado en Lira (Carnota) o 12 de maio de 1965, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Operario dunha empresa de cultivo de rodaballo. Foi membro das Xuventudes Socialistas de Galicia e formou parte de tódalas candidaturas do PSdeG-PSOE en Carnota dendas eleccións municipais de 1999, sendo concelleiro dende 2003 ata 2015. Ocupou responsabilidades de goberno no bipartito de nacionalistas e socialistas ata 2007 e, posteriormente, de oposición ao PPdeG e logo ó BNG.
Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía e gañou con maioría simple, sendo elixido como o primeiro alcalde socialista de Carnota e gobernando en minoría. É membro do Comité Nacional do PSdeG dende decembro de 2021.
Predecesor: Ramón Noceda Caamaño |
![]() Alcalde de Carnota 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|