Teresa Villaverde Pais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teresa Villaverde Pais
 Noia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Teresa Villaverde Pais, nada en Noia, é unha política galega do PPdeG e alcaldesa de Lousame dende o 20 de setembro de 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2003 foi elixida concelleira de Cultura e Educación no concello de Lousame no goberno de Santiago Freire, en 2007 pasou a ocupar a concellaría de Servizos Sociais e Cultura, e en 2011 foi concelleira de Cultura, Muller e Xuventude, ata que foi elixida alcaldesa. Ademais, en 2009 foi nomeada xefa de Educación na Coruña, e en outubro de 2011 deputada no Parlamento de Galicia tras a dimisión de Pablo Cobián. En setembro de 2012, tras a dimisión de Santiago Freire como alcalde de Lousame, foi elixida alcaldesa do concello, posto que revalidou logo das eleccións municipais de 2015.


Predecesor:
Santiago Freire
 Escudo de Lousame.svg
Alcaldesa de Lousame
 
2012 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]