Comarca de Viana
Comarca de Viana | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Área | 746,3 km² |
Poboación | 5.916 hab. (2017) |
Concellos | A Gudiña A Mezquita Viana do Bolo Vilariño de Conso |
A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.
A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.
Demografía[editar | editar a fonte]
A comarca de Viana tiña 5.916 habitantes en 2017. É unha área de forte envellecemento, pois en 2014 o 37.14 % da poboación (2.363 persoas) superaba os 65 anos. Pola contra, tan só 444 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 6.98 %. En 2014 rexistrou 17 nacementos e 129 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -112. A idade media ascendía a 52,9 anos en 2014.
Posición | Concello | Habitantes | Porcentaxe |
---|---|---|---|
1º | Viana do Bolo | 2.964 | 50.10 % |
2º | A Gudiña | 1.360 | 22.99 % |
3º | A Mezquita | 1.034 | 17.48 % |
4º | Vilariño de Conso | 558 | 9.43 % |
Total | Comarca de Viana | 5.916 | - |
Censo total 2014 | 6.362 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 444 (6.98 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.555 (55.88 %) |
Maiores de 65 anos | 2.363 (37.14 %) |
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca de Viana.
![]() |
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |