José Antonio Feijoo Alonso
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1950 |
| 2007 – ← Silvestre Rodríguez Lorenzo | |
| 2001 – 2003 ← Gonzalo Iglesias Sueiro – Isaac Vila → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
José Antonio Feijoo Alonso[1], nado en 1950, é un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empresario. Concelleiro en Xinzo de Limia con Centristas de Galicia e o PPdeG, baixo os gobernos de Isaac Vila. En 1999 presentouse por Coalición Galega á alcaldía, pactando co PSdeG e o BNG e rotándose na alcaldía co socialista Gonzalo Iglesias Sueiro, sendo alcalde dende 2001 ata as municipais de 2003,[2][3] nas cales perdeu o goberno tras recuperalo PPdeG a maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Baltar e foi elixido alcalde con maioría absoluta, sucedendo a Silvestre Rodríguez Lorenzo. Foi tamén deputado provincial na Deputación de Ourense. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde de Baltar, tamén con maioría absoluta.[4] Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2015, 2019 e 2023.
| Predecesor: Gonzalo Iglesias Sueiro |
Alcalde de Xinzo de Limia 2001 - 2003 |
Sucesor: Isaac Vila |
| Predecesor: Silvestre Rodríguez Lorenzo |
Alcalde de Baltar 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Listaxe de alcaldes de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2010. Consultado o 15 de decembro de 2010.
- ↑ Redacción (2010-10-17). "Un ex alcalde del PP contrató con ayuntamientos afines desde prisión". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2026-02-10.
- ↑ Concello de Xinzo de Limia[Ligazón morta]. www.ourensedixital.com, 07/2007. (en castelán)
- ↑ Huete, Cristina (2011-06-14). "Un alcalde admite que ofreció dinero por ir en la lista del PP". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2026-02-10.