Comarca de Verín
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Ourense | ||||
| Capital | Verín | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 24.676 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.007,29 km² | ||||
A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
Demografía
[editar | editar a fonte]Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.[1]
Con 13.647 habitantes[2] (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%). O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes[3] (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.
A poboación estranxeira da comarca ascendía en 2020 a 2.004 habitantes. A idade media era de 52,68 anos.[1]
| Padrón municipal 2020 | 24.999 habitantes[1] |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 2.249 (9,00 %) |
| Entre 16 e 64 anos | 14.077 (56,31 %) |
| Maiores de 65 anos | 8.673 (34,69 %) |
Particularidades
[editar | editar a fonte]Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.
Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Verín
-
Concellos da comarca de Verín.
-
Mapa da comarca de Verín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 2021-04-29.
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
