Lara Méndez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lara Méndez sendo entrevistada na Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento o 14 de xuño de 2015.

Lara Méndez López, nada en Suíza o 17 de setembro de 1972[1], é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeira Técnica Agrícola. Impartiu cursos de formación a traballadores e emprendedores. Foi Secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo e dende 2003 tamén concelleira nesa localidade. Dende 2007 foi deputada provincial e Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo. Nas eleccións municipais de 2015 foi a número dous da lista do PSdeG-PSOE ó concello de Lugo e candidata a presidir a Deputación, pero despois da renuncia do histórico alcalde Xosé López Orozco a súa acta de concelleiro, pasou a ser cabeza de lista do partido e foi elixida alcaldesa, sendo a primeira muller en ocupar este cargo.


Predecesor:
Xosé López Orozco
 Escudo de Lugo 3.svg
Alcaldesa de Lugo
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]