Castrelo de Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′40″N 8°4′00″O / 42.29444, -8.06667

Castrelo de Miño
{

} |image2 =

Concello de Castrelo de Miño.jpg

|imagestyle = align:center |caption2 = Casa do concello |header4= Situación |image5= Situacion Castrelo de Miño.PNG |label6= Xentilicio[1] |data6 = miñense (non oficial) |header7= Xeografía |label8= Provincia |data8 = Provincia de Ourense |label9 = Comarca |data9= Comarca do Ribeiro |label10 = Poboación |data10 = 1.556 hab. (2015) |label11 = Área |data11 = 39,7 km² |label12 = Densidade |data12 = 39,19 hab./km² |label13 = Entidades de poboación |data13 = 7 parroquias |label14 = Capital do concello |data14 = Cortiñas |header15 = Política (2015) |label16 = Alcalde |data16 = Xurxo Rodríguez Méndez |label17 = Concelleiros |data17 = BNG: 5
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
|data18= Eleccións municipais en Castrelo de Miño |header19= Uso do galego[2] (2011) |label20= Galegofalantes |data20= 69,00% |header21 = Na rede |data22= http://www.castrelo.gal/ |data23 = concello@castrelo.org |data24 = |data25 =

|data26 =

}}

Castrelo de Miño (do latín castellum e castrum, "cidade alta e fortificada"[3]) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Castrelo de Miño limita ó oeste co concello de Ribadavia, ao norte con Cenlle, ó leste con Toén, ó sur con Cartelle e A Arnoia. Abrangue unha superficie de 39,7 km2 nos que acolle unha poboación de 1.620 habitantes (conforme o padrón de 2014, 2.044 en 2004), distribuídos nas parroquias de Astariz, Barral, Castrelo de Miño, Macendo, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño. A capital municipal é o lugar de Barral, na parroquia de Barral (42º 17' 20" N- 8º 05' O ). Está adscrito ó partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.

Censo total 1.556 (2015)
Menores de 15 anos 87 (5.59 %)
Entre 15 e 64 anos 801 (51.48 %)
Maiores de 65 anos 668 (42.93 %)
Evolución da poboación de Castrelo de Miño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
4.378 4.845 4.951 5.508 2.044 1.870 {{{7}}} {{{8}}} {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

O río máis importante que atravesa o concello é o Miño.

Clima[editar | editar a fonte]

Climaticamente atópase baixo un microclima mediterráneo. A temperatura media anual é de 14,9 °C e a precipitación anual media é de 790 mm. Distínguese unha área de terras baixas e outra coas montañas que rodean o val.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de Castrelo de Miño, coñecido na Idade Media como Castrum Minei, estivo ligada a un mosteiro dúplice, que pertenceu sucesivamente ao bispo de Ourense, á Orde de San Xoán de Xerusalén e á encomenda de Quiroga.

A igrexa de Santa María atópase ao pé da presa. No ano 947 era mosteiro de monxas, unha das súas máis destacadas abadesas foi dona Goto, a viúva do rei de Galicia Sancho Ordóñez. O rei de León, Sancho o Craso, foi envelenado neste mosteiro no ano 967. Esta igrexa mantén parte da torre románica e unha ábsida semicircular do século XII. Conta cun arco triunfal de medio punto. No exterior hai relevos románicos. Gran parte da igrexa foi reconstruída en 1763, en estilo barroco. A tenencia deste castelo pasou por varias mans, entre elas os da Casa de Traba así como a liñaxe dos Arias, que mantivo neste castelo e logo no de Pena Corneira preso ao rei Afonso VII sendo un neno.

O río Miño marcou a actividade deste concello. Na Idade Media existiu unha ponte que se derrubou no século XVI, os seus servizos foron suplidos por unha barca. Nos anos vinte construíuse a ponte de pedra e ferro que conectaba ambas beiras do Miño, nela leváronse a cabo asasinatos durante a Guerra civil española. A construción do encoro en 1969 por FENOSA que asolagou parte das terras do concello, levou consigo a oposición dos agricultores pola contía das indemnizacións, as consecuencias ambientais e a desaparición de terras fértiles, dándose aquí unhas das primeiras manifestacións mais famosas contra dos encoros en Galicia auspiciada pola UPG. Na década de 1970 acabouse de construír a estrada nacional que unía Ourense con Portugal converténdose esta ruta na mais rendible debido ao número de viaxeiros que ía ao contrabando á Raia en Ponte Barxas.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía do concello depende de maneira maioritaria do sector primario (representa aproximadamente o 50% da poboación), máis concretamente do sector vitivinícola, con 27 adegas en produción (2015), o cal corresponde a unha media dunha adega por cada 60 habitantes.[Cómpre referencia] A gandería ten pouco peso no concello e limítase a granxas porcinas provedoras da cooperativa COREN. O sector industrial representa un 20% da poboación activa, onde destaca algunha fabrica téxtil e o encoro de Fenosa. O sector servizos do concello limítase a cubrir as necesidades básicas.

Parque Náutico de Galicia[editar | editar a fonte]

O Club Náutico Castrelo de Miño[4] é o Centro Náutico de referencia do interior de Galicia grazas á súa gran superficie de auga embalsada e as súas amplas e completas instalacións, reunindo as condicións idóneas para a práctica dos deportes náuticos. Leva funcionando 18 anos[cando?] e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e adestramento-competición, de vela, remo e piragüismo. Ofrécense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal.

Deportes[editar | editar a fonte]

O Castrelo Club de Fútbol é o equipo do concello e de creación recente (2010).

Festas[editar | editar a fonte]

  • Festa de Nosa Señora das Neves: en Barral; 4, 5 e 6 de agosto. Inclúen a celebración da festa gastronómica da anguía.
  • Festas de San Roque: en Macendo; 15 e 16 de agosto.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castrelo de Miño

Astariz (Santa María) | Barral (Nosa Sra. das Neves) | Castrelo de Miño (Santa María) | Macendo (Santa María) | Ponte Castrelo (Santo Estevo) | Prado de Miño (Santa María) | Vide de Miño (San Salvador)

Lugares de Castrelo de Miño[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo de Miño vexa: Lugares de Castrelo de Miño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Moralejo Lasso, A.: Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela. Editorial Pico Sacro. 1977, páxs. 22, 25 e 281. ISBN 84-85170-20-2
  4. Sitio web do Club Náutico Castrelo de Miño

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castrelo de Miño Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca do Ribeiro Comarca do Ribeiro
Arnoia
Arnoia
Avión
Avión
Beade
Beade
Carballeda de Avia
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Castrelo de Miño
Cenlle
Cenlle
Cortegada
Cortegada
Leiro
Leiro
Melón
Melón
Ribadavia
Ribadavia