Verónica Pichel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Verónica Pichel Guisande»)
Infotaula de personaVerónica Pichel
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1984 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Suíza Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Forcarei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Verónica Pichel Guisande, nada en Suíza o 22 de marzo de 1984, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023.

Nada na emigración suíza, aos 6 anos a familia retornou a Forcarei. Fixo os estudos primarios no CEIP Nosa Señora das Dores e os secundarios no IES Chano Piñeiro. Licenciada e posgraduada en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade da Coruña e máster en Xornalismo e Comunicación Dixital por Euroinnova Formación.

Nas eleccións municipais de 2015 presentouse na candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Forcarei, pero non foi elixida. En febreiro de 2017 tomou posesión como concelleira logo da renuncia de Miguel Pereira. En outubro de 2017 pasou a formar parte do comité nacional do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixida alcaldesa de Forcarei.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Belén Cachafeiro Anta
 
Alcaldesa de Forcarei
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo