Sobradelo, Carballeda de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sobradelo
Ponte Nova de Sobradelo
ConcelloCarballeda de Valdeorras[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°24′54″N 6°54′33″O / 42.415116666667, -6.9092Coordenadas: 42°24′54″N 6°54′33″O / 42.415116666667, -6.9092
Poboación585 hab. (2018)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Sobradelo é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 585 habitantes (295 mulleres e 290 homes).

Descrición[editar | editar a fonte]

A vila de Sobradelo é a capital do concello. Está situada a carón do río Sil. Por Sobradelo discorre a estrada N-536 (N-120 até a década de 1980) e o ferrocarril León - A Coruña (con parada na estación de Sobradelo), e desde aquí parte a estrada OU-122 cara a Casaio e o porto de Fonte da Cova.

É vía de paso entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo xa desde a romanización, ao pasar por aquí a Vía Nova do itinerario de Antonino. A Ponte Nova sobre o río Sil data do século XVI e consta de sete arcos. O Padre Sarmiento conta que a cruzou en 1755. En xaneiro de 1809, no marco da guerra da independencia española, o abade de Casaio[2] fixo destruír o arco central logo de que atravesasen a ponte as tropas británicas ao mando de Pedro Caro y Sureda (marqués de la Romana), que fuxían cara a Vigo perseguidos por tropas francesas ó mando do xeneral Franceschi[3].

A igrexa parroquial da Nosa Señora da Encarnación ocupa o espazo dunha antiga central térmica construída entre 1943 e 1944 para dar servizo eléctrico ás minas de Valborraz, en Casaio, xestionada por empresas alemás. Porén, non chegou a entrar en funcionamento como tal. O edificio foi mercado polo avogado vasco Pedro Luis Aguirre, que en 1956 o vendeu á diocese de Astorga. O 30 de outubro de 1966 inaugurouse o templo[4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sobradelo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sobradelo no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense)

Sobradelo

Parroquias de Carballeda de Valdeorras[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Carballeda de Valdeorras

Candeda (San Bernabeu) | Carballeda (San Vicenzo) | Casaio (Santa María) | Casoio (San Xulián) | Domiz (San Bernabeu) | Lardeira (San Tirso) | A Portela do Trigal (Santa Ana) | Pumares (San Martiño) | Pusmazán (San Mateo) | Riodolas (Santa María) | Robledo (Santa María) | San Xusto (San Xusto) | Santa Cruz (Santa Cruz) | Sobradelo (Santa María) | Soutadoiro (Santa Isabel) | Vila (Santa María Madanela) | Viladequinta (San Pedro)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]