Saltar ao contido

Becerreá

Modelo:Xeografía políticaBecerreá
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°51′04″N 7°10′23″O / 42.851111111111, -7.1730555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalBecerreá Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.836 (2025) Editar o valor en Wikidata (16,57 hab./km²)
Xentiliciobecerreense Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie171,2 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude668 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Martínez Núñez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Becerreá Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27640 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27006 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellobecerrea.es Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 84723 BNE: XX454900

Becerreá é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 2987 habitantes (3250 no 2009, 3334 no 2006, 3389 no 2005, 3424 no 2004, 3442 no 2003). O xentilicio é becerrego ou becerreense.[1]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 2987 (2015)
Menores de 15 anos 207 (6,93 %)
Entre 15 e 64 anos 1714 (57,38 %)
Maiores de 65 anos 1064 (35,62 %)
Evolución da poboación de Becerreá   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
9153 7864 7015 5091 3424 3250 3121 3072 3048 2921 2987 2921 2856 2827 2818 2760 2826 2755 2711
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Hai restos arqueolóxicos de diversas etapas: a cova dos Penedos (Fraiás, San Pedro) e os castros de Castro de Castelo (Castro de Ouro, O Salvador), Castro de Guilfrei (Galgao, San Martiño) e castro de Guillén (Goás, San Pedro).

Na zona habitaban o pobo prerromano dos zoelas, que tiñan a súa capital no poboado de Ocellum Gallaicorum (actual Ouselle). Por alí pasaba a vía romana que unía Lugo e Astorga.

O liño zoélico tiña sona en Roma, sendo usado para a confección de pezas de roupa e para a curación de chagas e feridas. Se ben xa non se cultiva na zona, aínda se conservan na comarca antigas teas e útiles usados na súa elaboración.

Xa na época medieval, creouse na zona o mosteiro bernardino de Santa María de Penamaior, único cenobio galego dependente da abadía de Císter. Desta época consérvanse sepulcros medievais en Lagoa, San Vicente.

En 1809, durante a Guerra da Independencia Española os guerrilleiros locais lograron apoderarse dun numeroso arsenal bélico francés preto da ponte sobre o río Cruzul.

En Becerreá publicáronse os periódicos El Monitor de Becerreá e El Adoptivo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]

Cóntase a seguinte lenda sobre a Ponte de Gatín, ou Ponte do Demo, unha ponte medieval -con numerosas modificacións posteriores- sobre o río Navia. Coma resulta habitual, existen variantes.

Disque foi construído polo demo tras un pauto cos veciños do lugar a cambio da alma do primeiro que cruzase a ponte. Corre outra versión que di que foi o demo, aparecido en forma de gato (e de aí o topónimo), quen se ofreceu a facerllo a unha muller preñada a cambio do meniño que ía nacer (ou foi ós veciños a cambio do primeiro que nacese no lugar, confiando en que sería ese meniño), pero o que naceu antes foi un gatiño, que foi o que os veciños entregaron ó demo. Aínda hai unha terceira versión: había dous mozos namorados que vivían un a cada lado do río. O mozo, para evitar a volta que tiña que dar para ir ver á noiva, fixo un pauto co demo (que se disfrazara de gato) polo que lle entregaría o primeiro fillo que tiveran a cambio de facerlles unha ponte. Cando a moza pariu, o mozo levoulle un gato metido nun saco, que o demo aceptou antes de abrilo, salvando así ó seu fillo.[2][3]

Lugares de Becerreá

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Becerreá vexa: Lugares de Becerreá.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Becerreá

Agüeira (San Xoán) | Armesto (San Román) | Becerreá (San Xoán) | Cadoalla (San Pedro) | Cascallá (Santa María) | O Cereixal (San Xosé) | Cruzul (San Martiño) | Ferreirós de Valboa (Santa María) | Fontarón (Sancti Spiritus) | Furco (San Xoán) | Guilfrei (Santa Eulalia) | Guillén (San Pedro) | Liber (San Remixio) | Morcelle (San Xulián) | Ouselle (San Cosme) | Ousón (Santo Adrao) | Pando (San Xoán) | Penamaior (Santa María de San Lourenzo) | Quintá de Cancelada (Santa Eulalia) | Sevane (San Xoán) | Tortes (San Pedro) | Veiga (Santa Mariña) | Vilachá (San Pedro) | Vilaíz (Santiago) | Vilamane (Santa María) | Vilouta (Santa Mariña)

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7.
  2. Secretos de Galicia III, La Voz de Galicia, 2022, pp. 62-63.
  3. Galiciamaxica.eu [visitado o 2.12.2025].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.