Porqueira
Coordenadas: 42°1′07.8″N 07°50′50.5″O / 42.018833, -7.847361
Porqueira | |
---|---|
![]() | |
Torre da Forxa. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | porqueirés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Limia |
Poboación | 830 hab. (2018) |
Área | 43,4 km² |
Densidade | 19,12 hab./km² |
Entidades de poboación | 6 parroquias |
Capital do concello | Forxa |
Política (2015) | |
Alcaldesa | Susana Vázquez Dorado (PPdeG) |
Concelleiros | PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Porqueira | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 78,74% |
Na rede | |
http://www.concellodeporqueira.es | |
Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».
Índice
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total | 901 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 35 (3.88 %) |
Entre 15 e 64 anos | 430 (47.72 %) |
Maiores de 65 anos | 436 (48.39 %) |

Evolución da poboación de Porqueira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
3.058 | 2.899 | 3.104 | 1.952 | 1.130 | 1.103 | 1.043 | {{{13}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello ten 43 km², e abrangue 30 entidades de poboación repartidas entre 6 parroquias. Limita ao norte con Rairiz de Veiga, ao sur con Calvos de Randín e Os Blancos, ao leste con Xinzo de Limia e ao oeste con Bande e Muíños. A capital é A Forxa, situada a 52 km de Ourense.
Dentro da comarca da Limia, o concello atópase nun estreitamento entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. O val do río en dirección leste a oeste é o límite setentrional do concello, encaixándose entre os montes de Bande e a serra do Xurés.
Historia[editar | editar a fonte]
A historia de Porqueira ten o seu apoxeo na Idade Media, cando existían o mosteiro de Porqueira e o castelo de Porqueira, do que só se conserva a torre. No século XII o rei Fernado II concedeulle a terceira parte desta poboación ao Conde Fernando Arias da Casa de Traba.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Castelo[editar | editar a fonte]
Non se coñece a data de fundación do mosteiro de Porqueira, pero posiblemente na súa orixe fose de carácter familiar e hereditario. A mediados do século XII foi rexentado pola Orde de Coengos Regulares de San Agostiño. En 1157 o rei Afonso VII cedeullo á catedral de Ourense.
Na primavera de 1387 foi ocupado polo duque de Lancaster, no contexto da guerra contra Pedro I iniciada en 1366. A mediados do século XV pertencía aos Benavente, e viuse envolto na revolta irmandiña.
Ao longo da Idade Moderna sufriu un proceso de ruína común a moitos outros castelos, e foron desaparecendo as edificacións, quedando só a torre. En 1837, trala creación do municipio como tal, creáronse alí as oficinas do concello de Porqueira, e máis tarde pasou a ser propiedade privada. Isto puxo en perigo a existencia da torre, que se puxo a venda como canteira de sillares.
Mosteiro[editar | editar a fonte]
Non se coñece tampouco a orixe do mosteiro de Porqueira. Consérvanse varios documentos datados entre 1181 e 1228 nos que os reis Fernando II e Afonso IX doaban parte do mosteiro á diocese de Ourense.
Posteriormente foi ocupado por monxes da orde dos Xerónimos, sendo esta a súa única sede na actual provincia de Ourense. Foi nesta época cando tivo maior esplendor. Sendo prior Jordán construíuse a igrexa e o claustro. Este prior, así como os seus sucesores, recibían os títulos de abade de San Lourenzo, prior e señor de Guía e Cartelas, e señor xurisdicional da Forxa. Tiñan a facultade de nomear xuíz ordinario e escribán para cada unha das catro entidades.
O título de prior foi conservado polo párroco de Santa María a Real de Porqueira. Un deles peiteou coa Mitra acerca dos seus dereitos e regalía, e para eximirse de visita pastoral, a Cámara decidiu a favor do prior, posto que pertencía ó padroado real.
Porqueira na literatura popular[editar | editar a fonte]
- O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [3].
- Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela [4].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Porqueira.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Porqueira[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porqueira vexa: Lugares de Porqueira.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, Porqueira.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porqueira ![]() |
|
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |