Casa do concello
A casa do concello ou simplemente concello[1] é unha construción da arquitectura civil destinada a sede da administración local. Este edificio alberga a alcaldía, as dependencias e servizos municipais, e nel celébranse periodicamente os plenos do concello.
Historia[editar | editar a fonte]
Emancipación das urbes na Idade Media[editar | editar a fonte]
A construción das primeiras casas de concellos é o resultado dun movemento político, que xorde no século XI, de afirmación das cidades fronte a nobreza e a Igrexa[2]:
As casas comunais son unha creación arquitectónica da Europa occidental, que corresponde á época na que as cidades, enriquecidas polo comercio, sepáranse progresivamente da autoridade da nobreza e dos reis, organizándose en comunas libres.[3]
O movemento, simultáneo en todos países de Europa, empeza en Italia. Así e todo, é en Flandres onde as construcións de casas de concello son as máis acabadas, e das cales conservanse máis vestixios. A casa do concello marca da súa arquitectura os espazos públicos e a identidade propia da asemblea dos habitantes. Simboliza un lugar de poder, signo de emancipación das elites urbanas.
Arquitectura[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia.
- Casas dos concellos de Galicia
A casa do concello de Lugo é un expoñente do barroco civil galego.
A casa do concello de Pontevedra é un expoñente do eclecticismo de inspiración francesa do século XIX.
Detalle das estatuas na casa do concello da Coruña.
Casa do concello de Cervantes, situada nunha zona rural, nun día de néboa.
Vista da casa do concello de Ribadeo, antiga casa do marqués de Sargadelos, situada entre a Torre dos Moreno e a Aduana (nova).
- Casas dos concellos doutros lugares do mundo
O Hôtel de Ville é a sede do goberno local de París.
Casa do concello do goberno municipal de Londres.
Pazos do Concello do Porto.
Casa do concello de Estocolmo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para concello.
- ↑ Eugène Viollet-le-Duc (1854 - 1868.). "Dictionnaire raisonné de l’architecture française du XIe au XVIe siècle - Tome 6, Hôtel-de-Ville" (en francés). Consultado o 3 de marzo 2012.
Le mouvement politique qui se manifesta, dès le XIe siècle, dans un certain nombre de villes, et qui eut pour résultat l'affranchissement de la commune, chercha naturellement à centraliser la conjuration en élevant un édifice propre à contenir les jurés.
- ↑ GRANDE GRANDE, Francisco (Valencia, 24 de marzo de 1998). COACV. Colegio Oficial de Arquitectos de la Comunidad Valenciana, ed. "El nacimiento de la Casa Comunal (La Lonja-Casa de la Villa a finales de la Edad Media en las comarcas septentrionales de la Comunidad Valenciana.)" (PDF, en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2012.[Ligazón morta]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa do concello |