Saltar ao contido

Concello de Canedo

 Concello de Canedo
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1836 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
15 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata
Igrexa parroquial de Canedo.

Canedo foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1943.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Canedo era un concello limítrofe co de Ourense; o linde entre ambos era o río Miño, con Canedo situado na marxe dereita (ao norte) e Ourense na esquerda (ao sur). Comprendía nove parroquias: Arrabaldo, Beiro, Canedo, Cudeiro, O Castro de Beiro, Palmés, Santiago das Caldas, Untes e Vilar de Astrés.

A capital era a entidade de poboación que se coñecía como Ponte Canedo, na parroquia de Santiago das Caldas.

A mediados do século XIX, coa inauguración da estrada de Vigo en 1863 e a de Santiago en 1870, a localidade de Ponte Maior e os diversos lugares de Santiago das Caldas desenvolveron unha grande actividade económica e un novo tecido urbanístico. O feito de ser Canedo un concello que deixaba libre tránsito de mercadorías facilitou que a vila que existía ao pé da ponte Vella comezase a medrar. A competencia co comercio da capital motivou que xa en 1865 se intentase, sen éxito, a anexión ao concello de Ourense.

Cando se inaugurou o ferrocarril, o Goberno decidiu construír a estación de Ourense na localidade da Ponte, no concello de Canedo. Ao redor da estación fóronse establecendo comerciantes, hospedaxes e casas de comidas, axencias de transportes, talleres, pequenas industrias, mestres de obras e artesáns, servizos etc. Os comerciantes e políticos de Ourense retomaron a idea da anexión. En 1926 formouse unha comisión mixta Ourense-Canedo para fixar as bases dunha posible fusión, pero un levantamento popular fixo que se esquecese o tema. Ao rematar a guerra, en 1940, impúxose a anexión, que pasou por diversos avatares e foi derrogada. Finalmente, coa intervención do gobernador civil, acabou por materializarse en 1943.[1]

Nas inmediacións da estación, na madrugada do 1 de xullo de 1934, un grupo de mozos da Xuventude Católica, entre os que se atopaban José Miranda Cabo (irmán de Antonio Miranda Cabo, secretario provincial das Juventudes de Acción Popular), Ricardo Taboada Salgado e Luís Gómez Andelo, sufriu un atentado por arma de fogo[2], resultando morto o primeiro uns meses despois.[3] Por este crime foi detido e sometido a sumario o veciño natural das Neves, José Villar Lafuente, militante do Partido Comunista de España (PCE).[4] O suceso foi considerado pola prensa da época como o primeiro crime de carácter político que se producía na cidade (aínda que Canedo non formaba parte formalmente do concello de Ourense) nos anos da Segunda República,[5] entrando a formar parte do martiroloxio local nas primeiras horas do franquismo[6].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Xosé Fariña Jamardo: Os concellos galegos. Parte especial VI (Mondariz-Ourense), Fundación Pedro Barrié de la Maza 1991, 513-514.</ref>

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]