Saltar ao contido

As Nogais

As Nogais
 Nome oficial
As Nogais (gl) dende 1985 
Los Nogales (es) dende 1916 ata 1985
Nogales (es) dende 1857 ata 1916
Doncos (es)  ata 1857 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
914 (2025)
1.270 (2013)
1.295 (2012)
1.341 (2011)
1.361 (2010)
1.381 (2009)
1.409 (2008)
1.421 (2007)
1.441 (2006)
1.477 (2005)
1.501 (2004)
1.547 (2002)
1.571 (2001)
1.228 (2014)
1.191 (2015)
1.161 (2016)
1.146 (2017)
1.114 (2018)
1.079 (2019)
1.047 (2020)
1.018 (2021)
991 (2022)
958 (2023)
942 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   504 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   575 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   112,4 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   668 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal27677 Editar o valor en Wikidata
Código INE27037 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344821 Editar o valor en Wikidata
VIAF316733378 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02phrqn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 157497 BNE: XX454536
Wikidata G:Commons C:Commons

As Nogais é un concello da provincia de Lugo pertencente á comarca dos Ancares, que linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O xentilicio é nogalego.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello esténdese pola vertente meridional da serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Limita ao noroeste con Becerreá, ao noroeste con Cervantes, ao sur con Pedrafita do Cebreiro e ao oeste con Triacastela. É un territorio extenso (112,4 km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 hab./km². Atravésao a N-VI e a A-6 (km 444).

As alturas máximas atópanse na serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m) e nos contrafortes das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sur e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.

O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de sueste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.

Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 1.191 (2015)
Menores de 15 anos 80 (6.72 %)
Entre 15 e 64 anos 649 (54.49 %)
Maiores de 65 anos 462 (38.79 %)
Autovía A-6 ao seu paso por Noceda.

Houbo asentamentos castrexos como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aquí, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aquí. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.

O beneficio eclesiástico correspondía á casa e señorío de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.

Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, a veciñanza formou unha partida de voluntarios para perseguir os carlistas.

Até 1916 recibía simplemente o nome oficial de Nogales, pero coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Los Nogales para distinguilo doutros concellos de España (Nogales de Badaxoz).[2]

Da parroquia de Doncos foron naturais Balbino Santín Aira, de Sebrás e asasinado no campo de concentración nazi de Mauthausen o 10 de decembro de 1941, e mais Lisardo Freijo, coñecido como Tenente Freixo ou Teniente Freijo, militar republicano primeiro, guerrilleiro antifranquista despois e morto o 26 de xuño de 1946 nun enfrontamento coa Garda Civil.

Economía

[editar | editar a fonte]

A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos dispersos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.

Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes das Nogais.

Lugares das Nogais

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Nogais vexa: Lugares das Nogais.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias das Nogais

A Alence (Santa Lucía) | Doncos (Santiago) | Noceda (San Xoán) | As Nogais (Santa María Madanela) | Nullán (San Cosmede) | Quintá (San Pedro) | Santo André (Santo André) | Torés (San Xoán) | Vilaicente (San Xoán)

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 53. ISBN 978-84-8158-706-7.
  2. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.