Sarreaus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°5′12″N 7°36′12″O / 42.08667, -7.60333

Sarreaus
Escudo de Sarreaus
Casa do concello de Sarreaus.JPG
Casa do concello de Sarreaus.
Situacion Sarreaus.PNG
Situación
Xentilicio[1]sarreaus
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación1.107 hab. (2022)[2][3]
Área77,3 km²[3]
Densidade14,32 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeGumersindo Lamas Alvar (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Sarreaus
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes96,79%
Na rede
http://www.concellosarreaus.com/
editar datos en Wikidata ]

Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario): «sarreaus».

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1.283 (2015)
Menores de 15 anos 46 (3.59 %)
Entre 15 e 64 anos 604 (47.08 %)
Maiores de 65 anos 633 (49.34 %)
Evolución da poboación de Sarreaus   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
3.640 3.673 4.163 4.269 1.800 1.552 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 77,2 km², abrangue nove parroquias. Limita ao norte con Vilar de Barrio, ao sur con Trasmiras e Xinzo de Limia, ao leste con Cualedro e Laza, e ao oeste con Xunqueira de Ambía.

Cara ao norte ten unha zona montañosa, na serra de San Mamede. Cara ao sur está a depresión limiá, con terras máis chás e fértiles vales determinados polo río Limia, que nace no monte de Talariño, na parroquia de Paradiña, sucando o concello de nordeste a suroeste. Outros cursos fluviais menores son o rego de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo ou o da Veiga.

Historia[editar | editar a fonte]

Se ben na actualidade non hai ningún catalogado, consérvanse topónimos que delatan a existencia de varios megálitos do neolítico, como Os Piñeiros da Anta e A Medorra en Lodoselo, ou o Alto da Madorra en Cortegada. A Pedra Alta (Cortegada) é un menhir usado como marco delimitador entre os concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía. O Acobillo de Roufeiro (Nocelo da Pena) é da primeira idade dos metais (1800/1500 a. C.), e é usado como referencia para denominar o límite do Bronce Inicial en Galiza.

Durante a cultura castrexa a zona foi poboada polos Limici nos castros da Cibdá, A Gándara, Tarrazo, A Rocha ou Os Castros de Codosedo. Trala romanización de Galicia quedaron restos de asentamentos e epígrafes en rochas, como o Forum ou Civitas Limicorum da Cibdá, ou homenaxes a Traxano e Adriano e a Xúpiter e Bandua.

Durante a idade media a zona pertenceu á Terra da Limia. Desa época queda a igrexa románica de Codosedo. Na idade moderna o territorio pertenceu ás xurisdicións de Xinzo (parroquias de Perrelos, Santiago de Freixo e Lodoselo, pertencentes ao Conde de Monterrei), Pena da Torre de Portela da Limia (lugares de Folgoso, O Penedo, Meilás, Cortegada, Bresmaus, A Portela da Quinta, Sarreaus, Padroso, Tarrazo e Sas, pertencentes ao Conde de Lemos), e o couto de Santa María A Real de Codosedo, Pazos, Paradiña e Veredo, pertencente á orde de Santiago. Nocelo da Pena pertencía á xurisdición do convento de Santa Clara de Allariz.

A comezos do século XIX creouse o concello de Cortegada, e en 1822 creáronse os de Codosedo e Lodoselo. Trala División territorial de España en 1833, en 1835 naceu o concello de Sarreaus.

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome de Sarreaus procede do latino Sarrianus, "os que veñen de Sarria", debido a que no seu momento se repoboaría con habitantes desta vila luguesa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Sarreaus.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sarreaus

Bresmaus (San Bartolomeu) | Codosedo (Santa María) | Cortegada (San Xoán) | Freixo (Santiago) | Lodoselo (Santa María) | Nocelo da Pena (San Lourenzo) | Paradiña (Santa María Madanela) | Perrelos (Santa María) | Sarreaus (San Salvador)

Lugares de Sarreaus[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sarreaus vexa: Lugares de Sarreaus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Sarreaus".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Sarreaus". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.