Abel Caballero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abel Ramón Caballero Álvarez
Abel Caballero

Actualmente no cargo
Dende o 16 de xuño de 2007
Precedido por Corina Porro

6 de xullo de 1985 – 7 de xullo de 1988
Presidente Felipe González
Precedido por Enrique Barón
Sucedido por José Barrionuevo

28 de outubro de 1982 – 4 de novembro de 1997
Presidente Felipe González

Datos persoais
Nacemento 2 de setembro de 1946 (70 anos)
Ponteareas, (Pontevedra) Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Economista
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Cambridge
Residencia Vigo, Galicia Galicia
Sitio web Blog persoal
Twitter @abelcaballero

Abel Ramón Caballero Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de setembro de 1946, é un político, economista e escritor galego. Actualmente exerce como alcalde de Vigo polo PSdeG-PSOE.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abel Caballero en 1986.

Abel Caballero é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo o máster en Economía pola Universidade de Essex e é doutor pola de Cambridge.[2] Desenvolveu o seu labor como docente en diversas universidades españolas e europeas. Na actualidade, exerce como alcalde da cidade de Vigo e é Catedrático de Teoría Económica en excedencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Posúe así mesmo o título de Oficial da Mariña mercante.[3] Ademais, é presidente da Federación Española de Municipios e Provincias[4].

Abel Caballero conta cunha ampla traxectoria política. Durante a súa xuventude, militou no Partido Comunista de España,[5] pasando a formar parte posteriormente do Partido Socialista Obrero Español.[6] Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións entre 1985 e 1988, durante o Goberno de Felipe González, foi deputado do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados durante a II lexislatura, pola Provincia da Coruña, e durante a III, IV, V e VI lexislaturas, pola Provincia de Pontevedra, ata 1997.[7] Nese ano, abandonou o seu escano no Congreso para presentarse como candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións da V lexislatura autonómica. Debido ós malos resultados obtidos polo PSdeG-PSOE neses comicios, Caballero pasou á segunda fila da escena política, aínda que mantería o seu escano no Parlamento de Galicia ata a constitución da VI lexislatura tralas eleccións autonómicas de 2001.[8]

Tras exercer como docente durante cinco anos na Universidade de Vigo,[9] Abel Caballero retomou a súa actividade política o 22 de setembro de 2005 co seu nomeamento como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.[10][11]

En 2007, foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vigo.[12] Tralas eleccións municipais de maio de 2007, a corporación local quedou constituída por 13 concelleiros do PP (44,12 % dos votos), 9 do PSdeG-PSOE (29,43 % dos votos) e 5 do BNG (18,58 % dos votos),[13] conseguindo desta forma o Partido Popular a maioría no pleno.[14] Con todo, o pacto de investidura e co-goberno alcanzado entre os socialistas e os nacionalistas investiu a Abel Caballero como novo alcalde da cidade en substitución da popular Corina Porro.[15]

Tralas eleccións municipais de 2011, que outorgaron 13 concelleiros ó PP (42,39 % dos votos), 11 ó PSdeG-PSOE (34,43 % dos votos) e 3 ó BNG (11,26 % dos votos),[16] Caballero saíu novamente reelixido alcalde da cidade, conseguindo o mellor resultado para o PSdeG-PSOE en vinte anos,[17] aínda que nesta ocasión o BNG, quen o apoiou cos votos dos seus edís no pleno de investidura, rexeitou reformular o bipartito, pasando desta forma, xunto co PP, á oposición.[18]

Nas eleccións municipais de 2015 conseguiu maioría absoluta con 17 concelleiros, o PP conseguiu 7, Marea 3 e o BNG quedou con 0.[19]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Ademais de obras científicas, Abel Caballero escribiu catro novelas:

  • Caballero Álvarez, Abel Ramón (2002). La elipse templaria. Ediciones Martínez Roca. ISBN 84-270-2749-4. [20]
  • Caballero Álvarez, Abel Ramón (2003). El hombre que tenía miedo al mar. Ediciones Martínez Roca. ISBN 84-270-2845-8. [21]
  • Caballero Álvarez, Abel Ramón (2004). El invierno de las almas desterradas. Belacqva de Ediciones y Publicaciones. ISBN 84-96326-06-3. [22]
  • Caballero Álvarez, Abel Ramón (2006). La puerta amarilla. Styria de Ediciones y Publicaciones. ISBN 84-934731-3-8. [23]

Cargos institucionais desempeñados[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Enrique Barón
Escudo de España (mazonado).svg
Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións
1985-1988
Sucesor:
José Barrionuevo
Predecesor:
Julio Pedrosa
Escudo de España (mazonado).svg
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
2005-2007
Sucesor:
Suso Paz
Predecesor:
Corina Porro
Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
dende 2007
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gabinete de Prensa do Concello de Vigo (11-06-2011). "Abel Caballero é investido alcalde por segundo mandato consecutivo". Consultado o 25-06-2011. 
  2. La segunda (y feliz) vida política de Abel Caballero (en castelán)
  3. Concello de Vigo. "Biografía do Alcalde". Consultado o 25-06-2011. 
  4. Federación Española de Municipios y Provincias. "Abel Caballero, nuevo Presidente de la FEMP". Consultado o 27-09-2015. 
  5. Alonso Montero, Xesús (2007). Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006). Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-531-4. 
  6. Pita, Luis; Carvajo, Primitivo (1993). Paco Vázquez : a pegada dun principe. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-699-8. 
  7. Congreso de los Diputados. "Abel Ramón Caballero Álvarez". Consultado o 25-06-2011. 
  8. Congreso de los Diputados. "Eleccións Autonómicas de Galicia do 19 de outubro de 1997". Consultado o 25-06-2011. 
  9. Diario da Universidade de Vigo (12-02-2000). "Entrevista a Abel Caballero". Consultado o 25-06-2011. 
  10. Xunta de Galicia (22-09-2005). "Orde do 19 de setembro de 2005 pola que se dispón o cese do Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Julio Pedrosa Vicente". Consultado o 25-06-2011. 
  11. Xunta de Galicia (22-09-2005). "Orde do 19 de setembro de 2005 pola que se dispón o nomeamento do Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero Álvarez". Consultado o 25-06-2011. 
  12. La Voz de Galicia (03-09-2006). "Abel Caballero será propuesto como candidato a la alcaldía por la agrupación local del PSOE dentro de un mes". Consultado o 25-06-2011. 
  13. Ministerio del Interior. "Resultados das eleccións municipais de 2007 no Municipio de Vigo". Consultado o 25-06-2011. 
  14. La Voz de Galicia (28-05-2007). "Corina Porro se queda a 2.800 votos de la mayoría absoluta y da paso a otro bipartito". Consultado o 25-06-2011. 
  15. La Voz de Galicia (16-06-2007). "Abel Caballero, nuevo alcalde de Vigo". Consultado o 25-06-2011. 
  16. Ministerio del Interior. "Resultados das eleccións municipais de 2011 no Municipio de Vigo". Consultado o 25-06-2011. 
  17. Faro de Vigo (23-05-2011). "Abel Caballero revalida la Alcaldía con el mejor resultado para los socialistas en veinte años". Consultado o 25-06-2011. 
  18. Europa Press (11-06-2011). "Caballero toma posesión como alcalde de Vigo con guiños al BNG, que rechaza un nuevo bipartito". Consultado o 25-06-2011. 
  19. Elecciones en Vigo | Caballero arrasa con 17 concejales en el mayor éxito de una fuerza política en la historia de Vigo
  20. Ministerio de Cultura. "La elipse templaria". Consultado o 25-06-2011. 
  21. Ministerio de Cultura. "El hombre que tenía miedo al mar". Consultado o 25-06-2011. 
  22. Ministerio de Cultura. "El invierno de las almas desterradas". Consultado o 25-06-2011. 
  23. Ministerio de Cultura. "La puerta amarilla". Consultado o 25-06-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]