Baralla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′N 7°15′W / 42.883°N 7.250°W / 42.883; -7.250

Baralla
Bandeira de Baralla---Escudo de Baralla
Bosque autóctono, Galiza.jpg

Bosque autóctono.
Situacion Baralla.PNG
Situación
Xentilicio[1] Barallense
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca dos Ancares
Poboación 2834 hab. (2012)
Área 141,2 km²
Densidade 20,07 hab./km²
Entidades de poboación 28 parroquias
Capital do concello Baralla
Política (2011)
Alcalde Manuel Jesús González Capón
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Baralla
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 98,91%
Na rede
www.concellobaralla.es
contacto@concellodebaralla.org

Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2012 tiña 2.834 habitantes (2.889 no 2011,2.955 no 2009,3.100 no 2006, 3.134 no 2005, 3.193 no 2004, 3.242 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barallense.

Evolución da poboación de Baralla (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 5.955  6.345  7.198  4.484   3.193   2.955   2.889   2.834  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello recibe o nome da súa capital, que se sitúa na N-VI, eixo vertebrador das comunicacións no concello. Baralla sitúase no extremo oriental da Meseta Lucense e fai de transición coas Serras Orientais, pasando dos 600 metros de altitude aos 900. Os lugares máis altos atópanse na Serra de Picato (844 m), Serra do Galo (754 m), Rañadoiro (901 m), Penas da Cabra (943) e Serra da Lagoa (759 m). O río Neira é a vía fluvial máis importante.

A temperatura media anual é de 10 °C, oscilando entre os 3 °C do inverno e os 19°C do verán. Recibe precipitacións abondosas, con frecuencia en forma de neve.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 2.834
Menores de 15 anos 194 (6.84 %)
Entre 15 e 64 anos 1.608 (56.74 %)
Maiores de 65 anos 1.032 (36.41 %)

Economía[editar | editar a fonte]

O 60 % da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademais dos porcos, ovellas e cabras. Hai algúns aserradeiros e algo de construción. A poboación está envellecida e nótase a proximidade de Lugo.

Historia[editar | editar a fonte]

Da época castrexa fican os castros de Lebruxo, Berselos e o de Santa Cruz (Sobrado de Picato).

Orixe do concello e do topónimo[editar | editar a fonte]

A denominación do termo municipal pasou por diversas vicisitudes, desde a primitiva configuración nos dous concellos separados de Neira de Rei e Neira de Xusá, un período 1840-1975 en que xa unificado tivo o nome oficial de Neira de Jusá, ata a denominación actual, froito dun acordo da corporación do ano 1974 na que se fixa como nome do concello o da súa capital: Baralla.

A capital do municipio, na vila de Baralla, leva un nome do que Ramón Menéndez Pidal di que vén do latín vara , varale, varal e varalia "seto de traveseiros", cun significado toponímico comparable ó de Cerca, Cer­cado, Valada ou Valadares. En 1125 consta baixo as denominacións de [in valle de] Pineira, ripa de Neira, villa que vocitant Baralia, in ripa de Neira ou villa vocitata Baralia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Baralla.

Parroquias[editar | editar a fonte]

O Concello de Baralla seguindo o nomenclátor manexado polo Instituto Galego de Estatística IGE, está formado por 28 entidades colectivas de poboación ou parroquias.

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baralla

Aranza (Santiago) | Arroxo (San Xoán) | Baralla (Santa Mª Madalena) | Berselos (San Martiño) | Costantín (Santa María) | Covas (Santiago) | Ferreiros (San Pedro) | Francos (San Salvador) | Guimarei (San Tomé) | Laxes (San Pedro) | Lebruxo (San Tomé) | Lexo (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Pedrafita de Camporredondo (San Xoán) | Penarrubia (Santa María) | Piñeira (San Salvador) | Pol (Santa María) | Pousada (Santiago) | Recesende (San Cirilo) | Riba de Neira (Santalla) | San Martín de Neira de Rei (San Pedro) | San Miguel de Neira de Rei (San Miguel) | Sixirei (San Pedro) | Sobrado de Picato (Santa Cruz) | Vale (San Xurxo) | Vilachambre (Santa Mariña) | Vilarpunteiro (Santa Marta) | Vilartelín (Santa Eufemia)


Lugares de Baralla[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baralla vexa: Lugares de Baralla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baralla Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca dos Ancares Comarca dos Ancares
Becerreá
Becerreá
As Nogais
As Nogais
Baralla
Baralla
Cervantes
Cervantes
Navia de Suarna
Navia de Suarna
Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro