Javier Varela Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javier Varela Pérez
Nacemento 1964
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Javier Varela Pérez, nado o 2 de maio de 1964, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Antonio Varela Casal, que fora alcalde de Antas de Ulla. Entrou a traballar no Concello de Antas de Ulla como personal laboral contratado, xunto coa súa muller. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia á alcaldía de Antas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.

Varela foi obxecto de dúas auditorías por parte do Consello de Contas de Galicia, motivadas pola demora na presentación dos balances anuais do concello. Tales balances levaban catro anos sen presentarse, os correspondentes ao período 2004-2007. Segundo o alcalde, o motivo foi que o interventor municipal non estaba de acordo cos balances elaborados pola alcaldía. Nese momento a Comisión de Contas municipal levaba 12 anos sen ser convocada.[1]

Varela foi acusado pola oposición de irregularidades na xestión económica do concello, de ocultación de facturas e de opacidade na contabilidade da sociedade municipal Empresa de Promoción Integral do Concello de Antas de Ulla S.L., entre outras acusacións.[2]

Ademais Varela denunciou ter sido suplantado na rede social Tuenti por uns descoñecidos, que terían mantido conversas con menores de idade. A denuncia foi presentada perante a Garda Civil.[3]

En xaneiro de 2016 consolidou catro prazas de funcionario do Concello, a súa propia, a da súa muller, a da muller dun concelleiro do PP e a dunha persoa vinculada ao partido[4].


Predecesor:
José Antonio Varela Casal
 Escudo de Antas de Ulla.svg
Alcalde de Antas de Ulla
 
1999 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]