Saltar ao contido

O Mosteiro, Meis

O Mosteiro

Casa do concello de Meis.
ParroquiaNogueira, San Tomé de Nogueira
ConcelloMeis
Coordenadas42°31′01″N 8°42′15″O / 42.516833333333, -8.7041111111111
Poboación563 hab. (2024)
editar datos en Wikidata ]

O Mosteiro é a capital do concello de Meis. Atópase na parroquia de San Vicente de Nogueira, pero a poboación continúa na parroquia de San Tomé de Nogueira, estendéndose pola estrada PO-300. Ademais, outros lugares están adheridos ao Mosteiro debido á súa expansión urbana.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o Instituto Galego de Estatística, a parte correspondente a San Vicente tiña 217 habitantes en 2024 (102 homes e 115 mulleres), o que supón un aumento con respecto a, por exemplo, 2016, cando tiña 190 habitantes[1].

No que respecta á parte pertencente a San Tomé, esta tiña 317 habitantes en 2024 (147 homes e 170 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2016, cando tiña 265 habitantes[1].

Por último, malia non constar así no Nomenclátor de Galicia, o Instituto Galego de Estatística tamén inclúe unha pequena parte deste lugar na parroquia de San Lourenzo de Nogueira, tendo 29 habitantes en 2024 (14 homes e 15 mulleres)[2].

Isto fai que en total o lugar teña en total, en 2024, 563 habitantes (263 homes e 300 mulleres).

  1. 1,0 1,1 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-11-17. 
  2. "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-11-17. 

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]
Placa no centro do Mosteiro que marca o linde entre as parroquias de San Vicente de Nogueira e San Tomé de Nogueira

Lugares de San Vicente de Nogueira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Nogueira no concello de Meis (Pontevedra)

Caticovas | A Centinela | O Cruceiro | Fondo de Vila | Grela | Lomba | Monte de Casa | O Mosteiro | Paiendes | Penente | A Pubuxeira | Quintáns | Rochela | Santín | A Sobreira | Tallón | Veiga da Vila | Zacande

Lugares de San Tomé de Nogueira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Tomé de Nogueira no concello de Meis (Pontevedra)

Arcos | O Mosteiro | Nogueiró de Abaixo | Nogueiró de Arriba | O Pazo

Parroquias de Meis

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicente) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]