Chapa, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Chapa
Igrexa de San Cibrao de Chapa.JPG
Igrexa de San Cibrao de Chapa.
Concello Silleda
Poboación 159 hab. (2011)
Entidades de poboación 6

San Cibrao de Chapa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 159 habitantes (73 mulleres e 86 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Nesta parroquia conflúen as estradas N-525 (Ourense-Santiago de Compostela) e N-640 (Lugo-Vilagarcía de Arousa). Amais está atravesada pola autoestrada AP-53.

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia existiu un hospital de peregrinos, dedicado a Nosa Señora da Consolación, así como un castelo, que foi destruído en 1320. Á parte da igrexa de San Cibrao, do século XVII, destaca a capela de San Brais, construída no século XVIII. Foi capital e deu nome ao concello entre 1835 e 1853, cando cambiou esta condición por Silleda.

Nesta parroquia naceu en 1901 o pintor Manuel Colmeiro Guimarás.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Chapa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Chapa no concello de Silleda (Pontevedra)

A Chaira | Chapa | Cornado | A Cruz | Eirexe | Penido

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]