Ángel García Seoane
Ángel García Seoane | |
---|---|
Nacemento | 1952 |
Perillo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | Músico, político, empresario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel García Seoane[1] "Gelo", nado en Perillo (Oleiros) en 1952, é un músico, promotor inmobiliario e político galego de Alternativa dos Veciños.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou música na Coruña, pagando os estudos traballando en SEAT, onde organizou unha folga con 17 anos, en 1968[Cómpre referencia]. De mozo pasou unhas horas no calabozo despois de mandar varias cartas ao Gobernador Civil para protestar polas infraccións urbanísticas en Oleiros. A carta que lle enviou ao Gobernador civil estaba escrita sobre papel de lixa e nela retábao a darlle o mesmo uso que as anteriores.[Cómpre referencia]
Foi un dos promotores do Sindicato Galego da Música e durante vinte anos traballou nunha orquestra tocando o acordeón e a batería. En 1975 afiliouse ao PCE do que se deu de baixa para presentarse ás eleccións de 1979. Nas municipais de 1983 presentouse como candidato de Alternativa dos Veciños á alcaldía de Oleiros. Se ben non logrou acadar a alcaldía nos comicios, tras presentar unha moción de censura acadou o goberno municipal. Dende 1991 preside AV, que está rexistrada como partido político. Tivo que deixar a alcaldía en xuño de 1996 por unha inhabilitación de seis anos[2], sendo substituído por Esther Pita Pita. Volveu presentarse como candidato por AV nas municipais de 2003, obtendo outra vez á alcaldía, que repetiu nas sucesivas eleccións.
En 2010 foi condenado polo TSXG ao derribo de parte da súa casa (4 metros) por invadir parte da zona de dominio público[3]. O concello que el mesmo presidia indemnizouno con 60.000 euros.[4] Foi denunciado en 2009 polo PP de Oleiros pola estatua de Che Guevara que custou 180.000 euros, en 2013 a denuncia foi arquivada[5].
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía.[6]
Predecesor: José María del Monte González |
![]() Alcalde de Oleiros 1985 - 1996 |
Sucesor: Esther Pita Pita |
Predecesor: Esther Pita Pita |
![]() Alcalde de Oleiros 2003 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nome de Ángel na páxina do concello de Oleiros
- ↑ "Gelo contra todos y contra sí mismo". ABC (en castelán). 15 de maio de 2007.
- ↑ "El alcalde iniciará el derribo de parte de su casa de As Galeras en dos semanas". La Opinión (A Coruña) (en castelán).
- ↑ "Oleiros pagará a su alcalde 60.000 euros por el derribo parcial de su vivienda". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 2013.
- ↑ Eduardo Eiroa (13 de agosto de 2013). "El juez archiva la denuncia contra el alcalde de Oleiros por la estatua del Che". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Concello de Oleiros na FEGAMP
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Os candidatos do PSOE e do PP usan Oleiros para ascender a Santiago". La Opinión (A Coruña). 1 de maio de 2011.