Cartelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′57″N 8°4′8″O / 42.24917, -8.06889

Cartelle
{

} |image2 =

Casa do Concello de Cartelle.JPG

|imagestyle = align:center |caption2 = Casa do Concello de Cartelle. |header4= Situación |image5= Situacion Cartelle.PNG |label6= Xentilicio[1] |data6 = cartellés (non oficial) |header7= Xeografía |label8= Provincia |data8 = Provincia de Ourense |label9 = Comarca |data9= Comarca da Terra de Celanova |label10 = Poboación |data10 = 2.944 hab. (2014) |label11 = Área |data11 = 94,3 km² |label12 = Densidade |data12 = 31,22 hab./km² |label13 = Entidades de poboación |data13 = 12 parroquias |label14 = Capital do concello |data14 = Outomuro |header15 = Política (2015) |label16 = Alcaldesa |data16 = Carmen Leyte Coello |label17 = Concelleiros |data17 = BNG: 2
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
|data18= Eleccións municipais en Cartelle |header19= Uso do galego[2] (2011) |label20= Galegofalantes |data20= 83,70% |header21 = Na rede |data22= http://www.cartelle.es |data23 = |data24 = |data25 =

|data26 =

}}

Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total 2.944 (2014)
Menores de 15 anos 145 (4,92 %)
Entre 15 e 64 anos 1.474 (50,07 %)
Maiores de 65 anos 1.325 (45,01 %)
Evolución da poboación de Cartelle   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
7.136 7.485 8.756 5.512 3.565 {{{6}}} {{{7}}} {{{8}}} {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 93,94 km², abrangue 12 parroquias. Está situado na cunca do río Arnoia, afluente do Miño. Está comunicado con Ourense e Celanova a través da estrada N-540. A capital está na aldea de Outomuro.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante o feudalismo e o antigo réxime estivo baixo influencia do mosteiro de Celanova. O castelo de Sande foi doado no século XII ao mosteiro por Afonso VII, e o abade do mosteiro acumulou os títulos de conde de Bande, marqués da Torre de Sande e capelán da Casa Real. Os monxes estimularon o cultivo do viñedo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A torre de Sande é unha fortaleza medieval próxima xa ás terras do Ribeiro, declarada Ben de Interese Cultural. Próxima a ela está a Casa de Outeiro, do século XVIII.

A igrexa de Santa Baia de Anfeoz é barroca, cun grande campanario. No seu muro hai un peto de ánimas do mesmo estilo, así como os templos de Cartelle, As Marabillas, Espiñoso e Mundil, onde foi soterrado o Padre Feijóo.

A ponte romana de Freixo (Penela) está declarada monumento histórico-artístico, e puido ser un dos ramais secundarios da Vía Nova do itinerario de Antonino. A Ponte Nova sobre o Arnoia é dos séculos XVI e XVII.

Economía[editar | editar a fonte]

O concello viviu un forte retroceso demográfico na segunda metade do século XX. Actualmente a sangría aminorou, e moita xente vai a diario a traballar a Ourense no sector servizos.

Cartelle é un dos concellos da comarca con maior superficie de concentración parcelaria, o que permitiu a creación de explotacións gandeiras de maior tamaño e máis evolucionadas. Existen varias empresas da construción e aproveitamento de recursos forestais. Hai moito terreo de monte comunal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Cartelle.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cartelle

Anfeoz (Santa Baia) | Cartelle (Santa María) | Couxil (Santa María) | Espiñoso (San Miguel) | As Marabillas (Nosa Sra. das Marabillas) | O Mundil (Santa María) | Penela (Santiago) | Sabucedo de Montes (San Pedro) | San Tomé (Santa María) | Sande (San Salvador) | As Seixadas (San Xoán) | Vilar de Vacas (Santa María)

Lugares de Cartelle[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cartelle vexa: Lugares de Cartelle.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cartelle Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca da Terra de Celanova Terra de Celanova
A Bola
A Bola
Cartelle
Cartelle
Celanova
Celanova
Gomesende
Gomesende
A Merca
A Merca
Padrenda
Padrenda
Pontedeva
Pontedeva
Quintela de Leirado
Quintela de Leirado
Ramirás
Ramirás
Verea
Verea

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.