Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Beade .
Beade
Nome oficial
Beade (gl)
Vista de Beade dende a capela da Misericordia
Instancia de
Parte de
Lista do elemento
Situado en
Capital
OpenStreetMap
Coordenadas
Poboación feminina
190
(2019)
Poboación masculina
207
(2019)
Superficie
6 km²
Altitude
158 m
Wikidata G:Commons C:Commons
Beade é un concello da provincia de Ourense , pertencente á comarca do Ribeiro , un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia . Segundo o IGE en 2022 tiña 372 habitantes (500 en 2012 , 557 en 2007 , 553 no 2006 , 559 no 2005 , 578 no 2004 , 576 en 2003 ) . O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés .[ 1]
Censo total
397 (2019)
Menores de 15 anos
29 (7.30 %)
Entre 15 e 64 anos
224 (56.42 %)
Maiores de 65 anos
144 (36.27 %)
Evolución da poboación de Beade Fontes: INE e IGE .
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
2024
1738
1225
1250
1204
578
515
500
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión ), Beiro , Faramontaos , Muimenta (Carballeda de Avia ), Orega , Berán (Leiro ) e As Regadas ), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén , que exercía señorío a través dunha encomenda.
A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela , era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga. A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple , incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro , Albarellos Astureses (Boborás ), Cusanca , Dadín , Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo ).
En 1809 , durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle .
A mañá do 7 de outubro de 2013 , a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.[ 2]
Calvario de Beade.
Porta en Beade.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beade vexa: Lugares de Beade .