Alberto Varela Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Varela Paz
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alberto Varela Paz, nado en Vilagarcía de Arousa en 1975[1], é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Dereito. Traballou como asesor xurídico de Urbanismo no Concello de Vilagarcía desde 2006. Tras gañar unhas primarias en novembro de 2014 foi candidato do PSdeG á alcaldía de Vilagarcía nas eleccións municipais de 2015, obtendo 8 concelleiros e sendo elixido alcalde como candidato da lista máis votada, gobernando en minoría con apoios puntuais. Nas eleccións de 2019 foi reelixido alcalde cunha maioría absoluta de 12 concelleiros. En novembro dese mesmo ano converteuse en presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias[2]. Nas municipais de 2023 perdeu a maioría absoluta ao baixar a 9 concelleiros e foi reelixido alcalde co apoio do BNG.


Predecesor:
Tomás Fole Díaz
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  2. "Alberto Varela Paz, elixido novo presidente da Fegamp na X Asemblea Xeral da Federación". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-03-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]