Saltar ao contido

Soutomaior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soutomaior
 Nome oficial
Soutomaior (gl) dende 1985 
Sotomayor (es)  ata 1985 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
5.398 (2001) rexistro civil
5.513 (2002) rexistro civil
5.781 (2004) rexistro civil
5.956 (2005) rexistro civil
6.110 (2006) rexistro civil
6.305 (2007) rexistro civil
6.537 (2008) rexistro civil
6.867 (2009) rexistro civil
7.144 (2010) rexistro civil
7.223 (2011) rexistro civil
7.265 (2012) rexistro civil
7.302 (2013) rexistro civil
7.356 (2014) rexistro civil
7.317 (2015) rexistro civil
7.251 (2016) rexistro civil
7.242 (2017) rexistro civil
7.305 (2018) rexistro civil
7.395 (2019) rexistro civil
7.426 (2020) rexistro civil
7.482 (2021) rexistro civil
7.543 (2022) rexistro civil
7.603 (2023) rexistro civil
7.584 (2024) rexistro civil
7.589 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   3.718 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   3.677 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   25 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   239 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal36691 Editar o valor en Wikidata
Código INE36053 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap341377 Editar o valor en Wikidata
VIAF146744539 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09k52x Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ConcellodeSoutomaior Twitter: Soutomaior_ofi Instagram: concellodesoutomaior_oficial Enciclopedia Galega Universal: 188057 BNE: XX454044 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2021 tiña 7.482 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soutomaiorense».

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo Total (Habitantes) 7.482 (2021)
Menores de 15 anos 1.180 (15,77 %)
Entre 15 e 64 anos 4.926 (65.84 %)
Maiores de 64 anos 1.376 (18.39 %)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non ventea demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.

Economía

[editar | editar a fonte]

Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.

Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio retallista, empresas de transportes e restaurantes.

A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.

En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa)[1].

Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

Unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. O amo vendeunos para matar e tiveron que arredarse para sempre... E din que no intre da despedida díxolle un ó outro:
-Adeus, meu compañeiro, e deica a feira de Soutomaor.
(Na feira de Soutomaor había mercado de coiros)
Castelao: "Manter un animal para comelo" (Cousas)

.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Soutomaior

Arcade (Santiago) | Soutomaior (San Salvador)

Lugares de Soutomaior

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Soutomaior vexa: Lugares de Soutomaior.

  1. Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior. AGCE, 2007

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]