Bernardo Fernández Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bernardo Fernández Piñeiro
Nacemento1981
 Pontedeume
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e músico
editar datos en Wikidata ]

Bernardo Fernández Piñeiro, nado en Pontedeume en 1981, é político galego. Membro do PSdeG-PSOE, é alcalde de Pontedeume tras acadar a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015. Ademais é o portavoz do Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña e Vicesecretario Xeral do PSdeG-PSOE na mesma provincia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante das Xuventudes Socialistas dende 2004. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía, mais tivo que conformarse coa acta de concelleiro formando parte da oposición. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde de Pontedeume con maioría absoluta.

Nese mesmo ano 2015 foi elixido Deputado Provincial polo partido xudicial de Betanzos, desempregando actualmente o cargo de Portavoz do Grupo Provincial Socialista na Deputación.

Dende xaneiro do 2018, ostenta o cargo de Vicesecretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña. Anteriormente desempregou o cargo de Secretario de Organización Provincial.

É músico de profesión.


Predecesor:
Gabriel Torrente Piñeiro
 Escudo de Pontedeume.svg
Alcalde de Pontedeume
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]