José Luis Pérez Añón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Pérez Añón
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Santa Comba, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Laxe
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata

José Luis Pérez Añón, nado en Santa Comba en 1957,[1] é un político galego do PPdeG, que foi alcalde de Laxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De profesión anestesista, o primeiro contacto coa política foi en 1983, cando foi incluído na lista de Arufe Rieiro por Alianza Popular foi electo concelleiro en Santa Comba. Aos poucos, tivo como destino profesional Curtis, e nas eleccións de 1991, foi un dos tres concelleiros do Partido Popular.

Posteriormente, estivo en Laxe e foi captado polo alcalde popular Antonio Castro Lema. Tras dous mandatos, Pérez Añón, abandonou o PP e montou unha candidatura independente, Independentes por Laxe (IxL) e nas eleccións de 2007, saíu como único concelleiro da candidatura independente e revalidou a elección nas municipais de 2011. Nas eleccións de 2015, volveu como candidato do PP e foi o candidato máis votado mais perdeu a alcaldía a mans do PSdeG-PSOE, apoiado polo BNG e tivo que permanecer na oposición. Nas eleccións de 2019, conseguiu a alcaldía con maioría absoluta[2] que revalidou nas de 2023,[3] malia perder 200 votos.[4] O 21 de febreiro de 2004 presentou a súa renuncia por problemas coronarios.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Viu, Cristina (26 de xaneiro de 2020). "José Luis Pérez Añón o la personificación del munícipe errante". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  2. Longueira, Toni (30 de maio de 2019). "A la sexta fue la vencida para José Luis Pérez Añón". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  3. Redacción (17 de xuño de 2023). "José Luis Pérez Añón, investido en Laxe". diariodebergantinos.com (en castelán). Consultado o 18 de de decembro de 2023. 
  4. Longueira, Toni. "Casi la mitad de los ediles se estrenan en Laxe". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  5. El corazón obliga a José Luis Pérez a dejar la alcaldía de Laxe: «Hoxe é un día moi complicado para min»

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Manuel Mouzo Castiñeira
 
Alcalde de Laxe
 
2019 - 2024
Sucesor:
Francisco Charlín Oróns