Ribadumia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°30′11.50″N 08°46′3.30″O / 42.5031944, -8.7675833

Ribadumia
Escudo de Ribadumia
Ribadumia, Barrantes, A Escusa 08-01b.jpg
Casa do concello.
Situacion Ribadumia.PNG
Situación
Xentilicio[1]ribadumiense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación5.193 hab. (2022)[2][3]
Área19,7 km²[3]
Densidade263,6 hab./km²
Entidades de poboación34[4]
Capital do concelloRibadumia
Política (2019[5])
AlcaldeDavid Castro Mougán (Independientes por Ribadumia[6])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Outros: IR 8, Somos Ribadumia 1
Eleccións municipais en Ribadumia
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes67,56%
Na rede
http://www.ribadumia.org/
editar datos en Wikidata ]

Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.087 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadumiense».

Xeografía[editar | editar a fonte]

En consonancia coas terras que o rodean, o relevo de Ribadumia caracterízase polo dominio da planicie, unicamente alterada en áreas montañosas, de baixa altitude. O termo incluído no val do Salnés, debe a súa orixe á combinación dunha dobre influencia tectónica e a erosión diferencial. Desta forma pódense distinguir dous bloques constitutivos fundamentais: o val do Umia e unha serie de montes que, con dirección de nordeste a suroeste, define o interfluvio deste río con Fonte Espiña, con pendentes pouco pronunciadas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Os censos rexistrados dende 1900 ata a actualidade ratifican o crecemento experimentado por Ribadumia. A poboación que sinala o último padrón municipal (2015) ascende a 5.087 persoas, cun aumento moi significativo respecto ós 3.057 que había a comezos do século XX. A evolución, lenta pero positiva, dos seus efectivos foi case constante, coa excepción daqueles momentos nos que a emigración lle afectou á maior parte do rural galego. Neste censo, non se notaron tanto os efectos das primeiras vagas con rumbo a ultramar como os daquelas que tiveron como destino as cidades máis industrializadas do ámbito galego, español e europeo. Precisamente a elas corresponden as inflexións rexistradas nos períodos 1900-10 (de 1.057 a 1.006), 1950-60 (de 3.697 a 3.441) e 1981-91 (de 4027 a 3656), aínda que esta última é maiormente atribuíble á redución da natalidade.

O crecemento natural, que era do 0,56% en 1987, comezou a cambiar de signo a finais dos 80, camiño da cifra que sitúa este indicador cun símbolo negativo (-0,22%)

Censo total 5.087 (2015)
Menores de 15 anos 843 (16.57 %)
Entre 15 e 64 anos 3.228 (63.45 %)
Maiores de 65 anos 1.016 (19.97 %)

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Pazos[editar | editar a fonte]

O pazo de Barrantes é unha casa grande, construída orixinariamente entre finais do século XV e comezos do XVI, e que sufriu dous procesos de reconstrución. Na súa leira hai un grande hórreo e unha capela.

O pazo da Pedreira foi construído durante a segunda metade do século XV, e tamén sufriu varias reformas. Na fachada principal hai unha imaxe da Virxe da Anunciación. Tamén ten capela.

O pazo do Monte foi construído no século XVIII, e na actualidade está abandonado. Tamén ten capela de seu.

O quinteiro da Cruz é orixinario de finais do século XVIII. Ten un xardín de estilo inglés con gran diversidade ornamental e áreas de produción vitivinícola. A leira conta con fontes, cruceiros, piornos, reloxos de sol e un lavadoiro.

Igrexas[editar | editar a fonte]

A igrexa de San André de Barrantes, orixinaria de comezos do século XIII, conserva algún elemento románico, pero sufriu unha importante remodelación na época barroca.

A igrexa de Santa María de Besomaño, tamén de orixe románica, foi reconstruída no século XVIII.

A igrexa de San Xoán de Leiro conserva unha fiestra con arco de ferradura do período prerrománico. Foi remodelada no século XVIII.

A igrexa de San Fiz de Lois ten a súa orixe no século XII, pero foi reconstruída no século XVIII.

A igrexa de Santa Baia de Ribadumia, de orixe románica, foi remodelada a comezos do século XIX.

A igrexa de San Clemezo de Sisán, construída no século XVI, foi ampliada e remodelada no século XVII.

Festas[editar | editar a fonte]

Celebración do tinto do Salnés, 2011.

Desde 1972 celébrase a festa do viño tinto do Salnés. Desde 2002 celébrase no mes de agosto, a festa do pan do Salnés.

Deporte[editar | editar a fonte]

O Ribadumia Club de Fútbol fundouse en 1959, e na tempada 2014-15 competiu en terceira división.

No ano 2006 celebrouse no concello o Campionato de España de Ciclocross.

Ribadumia na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

  • Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! [8].
  • San Vicente de Padrenda/ ten unha rosa na man/ que lla mandou de regalo/ San Clemenzo de Sisán [9].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ribadumia

Barrantes (Santo André) | Besomaño (Santa María) | Leiro (San Xoán) | Lois (San Fins) | Ribadumia (Santa Baia) | Sisán (San Clemenzo)

Lugares de Ribadumia[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadumia vexa: Lugares de Ribadumia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Ribadumia".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 04 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Ribadumia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Fermín Bouza-Brey 1929, 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.
  9. Fermín Bouza-Brey 1929, 183. Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. San Clemenzo de Sisán é parroquia de Ribadumia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.