Susana Vázquez Dorado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX valor descoñecido |
Alcaldesa de Porqueira | |
2003 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Porqueira |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua galega |
Susana Vázquez Dorado é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tralas eleccións municipais de 2003 e despois de 18 anos de goberno do PPdG presidido por Salvador González Diz, Susana Vázquez Dorado (única concelleira do PSdeG-PSOE) accedeu á alcaldía de Porqueira co apoio dos catro concelleiros do PPdeG, logo de incumprir un acordo entre o seu partido e o BNG (ó que lle faltaron 14 votos para acadar a maioría absoluta). Poucos días despois foi expulsada do PSdeG e denunciada por corrupción e intento de suborno. Foi declarada como tránsfuga pola comisión do Congreso dos Deputados en 2006.[1] Nas eleccións municipais de 2007 presentouse polo PPdeG obtendo a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2011 volveu ser elixida alcaldesa polo PPdeG con maioría absoluta. É vogal no comité rexional do PPdeG dende 2009 por designación directa do presidente.
Predecesor: Salvador González Diz |
Alcaldesa de Porqueira 2003 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Non lle dou ningún valor, é unha decisión política», La Voz de Galicia, Ourense, 21-12-2006. p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Está retornando xente para asentarse aquí de novo», entrevista en La Voz de Galicia.