Saltar ao contido

Valentín González Formoso

Esta páxina está semiprotexida ata o 05-09-2017
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaValentín González Formoso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación da Coruña
2015 –
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
2007 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo As Pontes de García Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Valentín González Formoso, nado nas Pontes de García Rodríguez en 1971, é un político galego do PSdeG, actual alcalde das Pontes de García Rodríguez e presidente da Deputación da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de Dereito na USC[1], rematandoa anos despois na UDC. Foi empregado de Iberdrola. Está casado e ten dous fillos. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE nas Pontes de García Rodríguez nas eleccións municipais de 2003 e foi elixido concelleiro. Nas Eleccións Municipais do 2007 foi novamente o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía das Pontes de García Rodríguez, sendo elixido alcalde ao ser a lista máis votada, gobernando en minoría con 8 concelleiros fronte a 8 do BNG e 1 do PPdeG. Nas Eleccións Municipais do 2011 revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta de 12 concelleiros.[2]

En xuño de 2012 concorreu á Secretaria Xeral do PSdeG na provincia da Coruña, sendo derrotado polo exministro Francisco Caamaño. En outubro de 2013, tralo nomeamento da nova executiva liderada por José Ramón Gómez Besteiro, pasou a ser secretario de Política Municipal do PSdeG-PSOE.[3]

Tralas eleccións Municipais do 2015 revalida a alcaldía das Pontes con maioría absoluta, e un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG permítelle ser elixido Presidente da Deputación da Coruña cos votos a favor tamén de Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños[4], tras haber sido proposto polo partido. En decembro de 2017 venceu nas primarias pola secretaría xeral do PSdeG na provincia da Coruña cun 69% dos votos fronte a Mercedes Rosón, sendo proclamado novo secretario xeral no congreso provincial de xaneiro de 2018. Nas eleccións municipais de 2019 revalidou tanto a alcaldía[5], con maioría absoluta, como a presidencia da Deputación de novo cun pacto co BNG.

Presentouse ás primarias pola Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE en outubro de 2021, vencendo ó entón secretario xeral Gonzalo Caballero con case o 60% dos votos e asumindo formalmente o posto no 14 Congreso Nacional galego en decembro de 2021. Nas eleccións municipais de 2023 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta e a presidencia da Deputación cun pacto cos nacionalistas. En abril de 2024 foi substituído á fronte da Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE por José Ramón Gómez Besteiro, tras convocar un Congreso Extraordinario e non concorrer á reelección.


Predecesor:
Gonzalo Caballero Míguez
 
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
 
2021 - 2024
Sucesor:
José Ramón Gómez Besteiro
Predecesor:
Víctor Guerreiro Pena
 
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Diego Calvo Pouso
 
Presidente da Deputación da Coruña
 
2015 − actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Julio Sacristán
 
Secretario Provincial do PSdeG da Coruña
 
2018 - 2022
Sucesor:
Bernardo Fernández Piñeiro

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Valentín González: "Estoy convencido de que Besteiro será Presidente de la Xunta y de España "". Atlántico. 30 de agosto de 2015. 
  2. RTVEume, ed. (23 de maio de 2011). "O PSOE GOBERNARÁ O CONCELLO DE AS PONTES CON MAIORÍA ABSOLUTA". Consultado o 10 de abril de 2015. 
  3. PSdeG-PSOE (ed.). "Sª de Política Municipal". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 10 de abril de 2015. 
  4. El alcalde socialista de As Pontes ya preside la Diputación de A Coruña, www.laopinioncoruna.es, 16/07/2015 (en castelán)
  5. Concello das Pontes de García Rodríguez na FEGAMP

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]