Castro de Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°12′26.79″N 7°23′55.78″W / 43.2074417°N 7.3988278°W / 43.2074417; -7.3988278

Castro de Rei
Escudo de Castro de Rei
Casa Concello Castro de Rei.JPG
Rio Azumara en Castro de Rei.JPG
Casa do Concello e Río Azúmara

Situacion Castro de Rei.PNG
Situación
Xentilicio[1] castrexo
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Terra Chá
Poboación 5.226 hab. (2014)
Área 177,0 km²
Densidade 29,53 hab./km²
Entidades de poboación 25 parroquias
Capital do concello Castro de Rei
Política (2015)
Alcalde Francisco Balado Teijeiro
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Castro de Rei
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 74,51%
Na rede
http://www.castroderei.com

Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.226 habitantes (5.685 no 2009, 5.785 no 2006, 5.779 no 2005, 5.856 no 2004, 5.902 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «castrexo».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Castro de Rei está situado na comarca da Terra Chá. A organización funcional do territorio obedece a unha estrutura monocéntrica, con tres focos comarcais: Vilalba, Guitiriz e Castro de Rei. Este factor condiciona a maior parte dos seus trazos socioeconómicos.

A súa altitude media sitúase entre os 400 e os 500 metros, aínda que na zona oriental o relevo volvese máis accidentado debido á súa proximidade ás serras do leste, con elevacións coma os Montes dos Millares (con 620 metros) e Pedras Albas (con 619 metros). Os montes da zona son Os Arroxos (493 m), O Condado (457 m), Aguceira (449 m), Abroiti (478 m) e Pedras Albas (616 m).

Regan as súas terras o Miño e varios dos seus afluentes. O Miño atravesa o concello e ata el derivan o resto dos colectores secundarios como son o Azúmara, o Lea e o Anllo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da emigración e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.

Censo total 2014 5.226 habitantes
Menores de 15 anos 444 (8.5 %)
Entre 15 e 64 anos 3.128 (59.85 %)
Maiores de 65 anos 1.654 (31.65 %)

Evolución da poboación de Castro de Rei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
7.211 7.123 7.513 6.290 5.856 5.685 5.474 5.422 5.267 {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Climatoloxía[editar | editar a fonte]

Castro de Rei presenta un clima temperado, con abundantes precipitacións nos meses do inverno. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e os seus extensos humedais, morada de aves acuáticas e de grandes comunidades de anfibios. Asociada a estes humedais aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, bosques, uceiras e xunqueiras.

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

Na parroquia de Ansemar hai megálitos e unha posible villa de época romana coñecida como Vila de Arcas.

Na parroquia da Azúmara está o Castro da Azúmara.

Na parroquia de Castro de Rei están o castro de Castro de Rei, no lugar que hoxe ocupa a a capital do concello, e máis o castelo de Castro de Rei, se ben do antigo castelo só se conserva a torre da homenaxe, obra da segunda metade do século XIV.

Na parroquia de Duancos hai conxuntos de túmulos megalíticos.

Na parroquia de Duarría está o castro de Duarría.

Na parroquia de Loentia hai conxuntos de túmulos megalíticos e o castro de Loentia.

Na parroquia de Ribeiras de Lea hai varios megálitos.

Na parroquia de Santa Locaia hai unha necrópole megalítica e o castro da Escrita de Santa Locaia.

Na parroquia de Viladonga están o Castrelo de Viladonga e mais o castro de Viladonga, exemplo de castro de ocupación tardía, e que conta cun Museo monográfico no que se expoñen pezas da cultura castrexa atopadas no sitio arqueolóxico.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vista xeral da croa do Castro de Viladonga  
Casa da cultura, na parroquia de Ribeiras de Lea.  
Antigos postos da feira na parroquia de Castro de Rei.  
Área recreativa na parroquia de Castro de Rei.  
Muralla do castelo na parroquia de Castro de Rei.  
Marcador da ruta da Escrita na parroquia de Castro de Rei.  

Lugares de Castro de Rei[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castro de Rei vexa: Lugares de Castro de Rei.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Castro de Rei

Ansemar (San Salvador) | A Azúmara (San Xoán) | Balmonte (San Salvador) | Bazar (San Pedro) | Bendia (San Pedro) | Castro de Rei (San Xoán) | Coea (San Salvador) | Duancos (Santa María) | Duarría (Santiago) | Dumpín (Santalla) | Goberno (San Martiño) | Loentia (Santo Estevo) | Ludrio (Santa María) | Mondriz (Santiago) | Outeiro (Santa María) | Pacios (San Salvador) | Prevesos (Santo Estevo) | Quintela (Santa María) | Ramil (Santa Mariña) | Ribeiras de Lea (San Xoán) | San Xiao de Mos (San Xiao) | Santa Comba de Orizón (Santa Comba) | Santa Locaia (San Pedro) | Triabá (San Pedro) | Viladonga (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. «Evolución do uso do galego por concellos». Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro de Rei