Folgoso do Courel
Coordenadas: 42°35′16.4″N 7°11′46.76″O / 42.587889, -7.1963222
Folgoso do Courel | |
---|---|
![]() Igrexa de Vilamor. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | courelao |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Quiroga |
Poboación | 985 hab. (2022)[2][3] |
Área | 192,8 km²[3] |
Densidade | 5,11 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Capital do concello | Folgoso do Courel |
Política (2019 [5]) | |
Alcaldesa | Dolores Castro Ochoa (PPdeG [6]) |
Concelleiros | PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 2 Outros: IG-VIVO 2 |
Eleccións municipais en Folgoso do Courel | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 88,24% |
Na rede | |
http://www.folgosodocourel.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2020 tiña 1.007 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «courelao».
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total | 1.007 (2020) |
---|---|
Menores de 16 anos | 46 (4,57 %) |
Entre 16 e 64 anos | 528 (52.43 %) |
Maiores de 65 anos | 433 (42,99 %) |

Evolución da poboación de Folgoso do Courel Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6.413 | 5.785 | 5.479 | 2.191 | 1.397 | 1.233 | 1.211 | 1.160 | 1.136 | 1.106 | 1.089 | 1.060 | 1025 | 1.018 | 1.024 | 1.007 | 989 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía[editar | editar a fonte]
A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.
Patrimonio natural[editar | editar a fonte]
Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.
A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Seoane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.
Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]
No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.
Da época da romanización de Galicia consérvase unha Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.
Corporación Municipal[editar | editar a fonte]
Resultados das eleccións municipais no concello de Folgoso do Courel:
1983 | 1987 | 1991 | 1995 | 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 | 2019 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PPdeG | 1 (15,44%) | 5 (40.37%) | 6 (48.40%) | 5 (47.28%) | 4 (42.41%) | 3 (37.43%) | 4 (38.27%) | 5 (54.25%) | 5 (50.49%) | 5 (52.53%) |
PSdeG | 6 (50,63%) | 4 (35.34%) | 4 (38.59%) | 4 (45.04%) | 5 (51.88%) | 5 (49.29%) | 5 (51.68%) | 4 (37.82%) | 3 (35.89%) | 2 (25.93%) |
CG | 4 (33,93%) | |||||||||
IG-Courel Vivo | 1 (13.08%) | 2 (21.21%) | ||||||||
BNG | 0 (7.68%) | 0 (5.71%) | 1 (13.2%) | 0 (9.4%) | 0 (7.56%) | |||||
CPG/CNG | 2 (19.51%) | 1 (12.01%) |
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Folgoso do Courel.
Lugares de Folgoso do Courel[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Folgoso do Courel vexa: Lugares de Folgoso do Courel.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Folgoso do Courel".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Folgoso do Courel". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folgoso do Courel ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |