Foz
Coordenadas: 43°33′N 7°18′O / 43.550, -7.300
Foz | |
---|---|
![]() Vista de Foz. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | focego - focense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Mariña Central |
Poboación | 10.078 hab. (2021)[2][3] |
Área | 100,3 km²[3] |
Densidade | 100,48 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Política (2019 [5]) | |
Alcalde | Francisco Cajoto Caserío (PSdeGA-PSOE [6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 7 Outros: FPF 1 |
Eleccións municipais en Foz | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 67,08% |
Na rede | |
http://www.concellodefoz.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «focego» ou «focense».
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.
Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.
Historia[editar | editar a fonte]
Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos egobarros.[8]
Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.
Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.
Cultura[editar | editar a fonte]
Toponimia[editar | editar a fonte]
Foz procede do latín vulgar focem, que en latín clásico era faucem 'gorxa, paso estreito, fauces', un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]
- O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga.
Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]
- A basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica, sé durante moitos anos do bispado de Mondoñedo, e que se atopa en bo estado de conservación.
- O pazo do Conde de Fontao, en Santa Cilla.
- O Pazo de Covas, pazo do século XVI no lugar de Trasmonte da parroquia de Nois.
- O Pazo do Lagar, pazo do século XVII no lugar da Ribela, na parroquia de Cangas.
- O Pazo de Vilachá, pazo do século XVII da familia Almuíña, no lugar de Vilachá, na parroquia de Cangas.
- O castelo da Frouxeira, castelo do século IX, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro.
Festas de interese[editar | editar a fonte]

Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 | 9899 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1219 (12,31 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6361 (64,26 %) |
Maiores de 65 anos | 2319 (23,43 %) |

Evolución da poboación de Foz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6514 | 7824 | 8216 | 8795 | 9619 | 9970 | 9968 | 9978 | 9966 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía[editar | editar a fonte]
Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.
A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.
Sector | # |
---|---|
Agricultura | 35 |
Industria | 62 |
Construción | 115 |
Servizos | 474 |
Sen emprego anterior | 47 |
Total | 733 (349 homes e 384 mulleres) |
Foz na cultura popular[editar | editar a fonte]
- Pra facer ben a costeira,
- mariñeiriños rinlegos,
- pra botar contas, no porto,
- mariñeiriños focegos.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.
Lugares de Foz[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2021) "Foz".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Foz". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Lanza, Francisco (1973). Ribadeo antiguo: noticias y documentos. Ediciós do Castro. p. 23.
- ↑ "Estadisticas municipios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2014. Consultado o 20 de abril de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Foz ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Toponimia de Foz (en galego)
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |